Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 15 de setembro de 2011 Páx. 27180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de setembro de 2011 de emprazamento para trámite de audiencia, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/79/2010 a José Manuel Ardións López e a Ana Isabel Pérez Varela, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación, con tipoloxía de vivenda, sobre unha soleira de formigón e un alpendre de madeira, que se levan a cabo no lugar das Palomas, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente.

Durante este prazo poderán alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado denunciado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística