A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, en reunión do 19 de xullo de 2011, aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2011. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes durante quince días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2011.
Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia