Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 30 de setembro de 2011 Páx. 28966

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de setembro de 2011 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2011.

Por Orde do 11 de marzo de 2011 (DOG do 7 de abril), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2011.

Reunida a comisión prevista no punto oitavo da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co punto décimo da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo a esta orde.

Segundo. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2011 a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos e a acreditación do seu pagamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración de conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para a mesma finalidade, procedente das distintas administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Univesitaria

ANEXO

CIF

Confederación/Federación/APA CEE

Concello

Importe (€)

G15115165

Confapa (Confed. Galega APAS centros públicos)

A Coruña

12.119,95

G15098114

Congapa (Confederación Galega de APAS)

A Coruña

11.119,95

G15042617

Federación Provincial APAS centros públicos

A Coruña

7.372,00

G15089857

Fapa (Federación provincial APAS centros privados de A Coruña)

A Coruña

1.406,00

G27019140

Fapacel (Federación provincial de APAS de centros públicos de Lugo)

Lugo

3.059,00

G27043389

Fapalugo (Federación APAS provincia Lugo)

Lugo

1.254,00

G32025538

Federación APAS de centros privados de Ourense

Ourense

1.083,00

G36020311

Fapas (Federación provincial APAS Pontevedra)

Pontevedra

3.781,00

G15543242

Federación APAS Ferrol e comarca

Ferrol

971,00

G15062839

Fecapa (Federación Central de APAS)

Santiago

de Compostela

1.446,00

G36537900

Federación ANPAS A Gameliña

Cangas

971,00

G36581841

Fesanpas (Federación Estradense ANPAS)

A Estrada

971,00

G36743946

Federación Olívica Foanpas de Vigo

Vigo

2.016,00

G36959658

Federación APAS Suroeste Galicia Surgapa

Vigo

1.598,00

V15869431

Apace Aspanaes Castro Elviña

A Coruña

642,30

G15028236

APA CEE Santiago Apóstol

A Coruña

642,30

G15984990

APA CEE Ntra. Sra. del Rosario

A Coruña

642,30

G15874290

Apadul (Duques de Lugo) Aspanaes

Santiago

de Compostela

642,30

G15747678

APA Amigos

Ribeira

642,30

G27220839

APA CEE Infanta Elena

Monforte de Lemos

642,30

G32022774

APA CEE Miño

Ourense

642,30

G32202798

APA CEE O Pino

Ourense

642,30

G36130169

APA Joaquina Otero CEE S. Xerónimo Emiliani

A Guarda

642,30

G36164515

APA CEE Juan XXIII

Marín

642,30

G36753895

APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María

Nigrán

642,30

G36180768

APA CEE Juan XXIII

Pontevedra

642,30

G36152262

APA CEE Santísimo Cristo del Amor-Aceesca

O Porriño

642,30

G36682102

APA CEE San Rafael

Vigo

642,30

G36812063

APA CEE Saladino Cortizo

Vigo

642,30

G36131027

APA CEE Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

642,30

G36024941

APA CEE Os Mecos

Vilanova de Arousa

642,30