O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, dispón que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do seu artigo 81, o desenvolven, e das facultades que lle atribúe ao Estado o artigo 149.1.30.º da Constitución.
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no seu artigo 63, determina que as ensinanzas deportivas teñen como finalidade preparar o alumnado para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo e á cidadanía activa.
O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e na súa disposición transitoria segunda, punto 1, indica que ata que non se creen os novos títulos e ensinanzas nas modalidades e especialidades de atletismo, baloncesto, balonmán, deportes de escalada, deportes de inverno e fútbol, que foron establecidos ao abeiro do disposto no Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, impartiranse conforme o previsto nos reais decretos que crearon os respectivos títulos e ensinanzas mínimas. Igualmente, na súa disposición transitoria terceira, punto 2, indícanse as normas que seguirán vixentes para o desenvolvemento destas ensinanzas, mentres non se publiquen outras que as substitúan.
En consecuencia, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e de conformidade coa proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro. Facer pública a oferta educativa de ensinanzas deportivas a partir do curso 2011-2012 en centros públicos da nosa comunidade, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.
Segundo. A posta en funcionamento destes estudos estará condicionada á existencia dun mínimo de dez alumnos matriculados na correspondente modalidade deportiva. A condición desta ratio mínima exixida debe poñerse en coñecemento do alumnado no momento da solicitude de matrícula.
Disposición adicional única.
Sen prexuízo do establecido na disposición segunda desta orde, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar, motivada e excepcionalmente, aquelas ensinanzas que non acaden o citado número mínimo de solicitudes de matrícula. Mentres non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.
Disposicións derradeiras.
Primeira. Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar as medidas e ditar as instrucións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.
Segunda. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2011.
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Centros |
Ensinanzas |
||||
Código |
Denominación |
Concello |
Provincia |
Código |
Denominación |
15005749 |
IES Universidade Laboral |
Culleredo |
A Coruña |
XM01003 XS01003 |
Ensinanzas técnico deportivas de grao medio e superior en fútbol |
27006541 |
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes |
Lugo |
Lugo |
XM01005 XS01005 |
Ensinanzas técnico deportivas de grao medio e superior en atletismo |
27007259 |
IES Río Cabe |
Monforte de Lemos |
Lugo |
XM01003 XS01003 |
Ensinanzas técnico deportivas de grao medio e superior en fútbol |
32015050 |
CIFP A Farixa |
Ourense |
Ourense |
XM01004 XS01004 |
Ensinanzas técnico deportivas de grao medio e superior en fútbol sala |
36006717 |
IES Sánchez Cantón |
Pontevedra |
Pontevedra |
XM01003 XS01003 |
Ensinanzas técnico deportivas de grao medio e superior en fútbol |
36006717 |
IES Sánchez Cantón |
Pontevedra |
Pontevedra |
XM01006 XS01006 |
Ensinanzas técnico deportivas de grao medio e superior en balonmán |
36013771 |
IES Fermín Bouza Brey |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
XM01007 XS01007 |
Ensinanzas técnico deportivas de grao medio e superior en baloncesto |