Pola Resolución do 10 de maio de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, (DOG n.º 96 do 19.5.2011), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes para o ano 2011 que se desenvolverán a través dos seguintes programas:
a) Mantemento de centros de atención especializada a mulleres.
b) Recursos integrais específicos para mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos/as menores de tres anos.
c) Recursos integrais de axuda para mulleres en situación de risco ou en proceso de exclusión social.
d) Recursos integrais de apoio a mulleres en situación de especial protección.
e) Recursos integrais de apoio e acompañamento dirixidos a vítimas de violencia de xénero.
f) Aqueles outros que se definan para mulleres en situación de especial discriminación ou desigualdade susceptibles de inclusión no ámbito desta resolución.
Segundo o artigo 10.4 das bases reguladoras, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.º b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación individual das resolucións das axudas poderá ser substituída pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade.
Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 8 da convocatoria, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as axudas e subvencións económicas para o financiamento das actuacións que se indican no anexo I a favor das entidades de iniciativa social, como consecuencia da aplicación dos criterios establecidos no artigo 9 das bases reguladoras, por un importe total de 916.000,00 euros distribuídos nas aplicacións orzamentarias que se indican.
Aplicación |
Código de proxecto |
Importe |
04.40.312G.480.1 |
2011 00113 |
95.000,00 euros |
04.40.313B.481.1 |
2011 00102 |
305.000,00 euros |
04.40.313B.481.2 |
2011 00104 |
516.000,00 euros |
Total |
916.000,00 euros |
Estas subvencións están cofinanciadas ao 80% con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 71.
Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumprir o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 7 das bases reguladoras, ou ben por non cumprir os requisitos establecidos no artigo 1 das bases reguladoras. Así mesmo, no dito anexo tamén figuran as solicitudes que non se admitiron a trámite porque foron presentadas fóra do prazo establecido no artigo 3 da convocatoria.
Terceiro. De conformidade co artigo 17.2 das bases reguladoras realizarase un primeiro pagamento do 80% da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo no momento de notificación da resolución. O 20% restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da completa xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 10 de maio de 2011.
Cuarto. Informar ás entidades beneficiarias de que a obtención de axuda comunitaria implica a aparición na lista pública de persoas beneficiarias que a autoridade de xestión do programa operativo publicará conforme o previsto no artigo 7.2 d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (DOUE L/45, do 15 de febreiro de 2007) e de que na devandita lista figurarán os datos de identidade ou denominación social, das operacións e da contía de fondos públicos asignada a cada operación.
Quinto. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado.
Non obstante, os gastos financiados ao abeiro da convocatoria non se poderán acoller a outras axudas procedentes do Fondo Social Europeo ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios.
Sexto. A data límite de presentación da xustificación dos gastos efectuados será o 30 de novembro de 2011 e realizarase de acordo co establecido no artigo 16 das bases reguladoras.
Os gastos que se subvencionarán deberán respectar o disposto na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2007-2013 e na Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, que a modifica.
Sétimo. As entidades beneficiarias deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento das súas actuacións con fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade e do Fondo Social Europeo. Para isto, no lugar onde se realicen as actuacións deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo no cal aparezan os anagramas da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, en aplicación do disposto na normativa aplicable. Na páxina web oficial da Secretaría Xeral da Igualdade infórmase das características do dito cartel e dos logos e lendas de obrigada inclusión.
Cando o proxecto teña publicidade nun sitio da internet, deberán figurar na súa páxina de inicio e en lugar visible as citadas referencias; cando se materialice nunha aplicación informática deberán facerse as citadas referencias na zona de inicio ou menú principal da aplicación informática, así como na epígrafe de información da aplicación (axuda, acerca de ou similares).
Cando o proxecto dese lugar a documentación (manuais, cadernos, enquisas, folletos, notas informativas, CD-Rom) deberán constar na dita documentación as citadas referencias, e colocaranse na contraportada no caso das publicacións.
Oitavo. De acordo co disposto no artigo 18 das bases reguladoras, o incumprimento por parte das entidades beneficiarias de calquera das obrigas establecidas na normativa aplicable a estas subvencións, incluída a publicidade das accións subvencionadas dará lugar, previo o oportuno expediente, á obriga de reintegrar a contía indebidamente percibida e aos intereses de demora correspondentes e, se é o caso, á perda do dereito ao cobramento das cantidades pendentes de percibir, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
Noveno. As entidades beneficiarias das subvencións adquiren os compromisos e obrigas que, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se establecen no artigo 13 das bases reguladoras, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable.
Décimo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2011.
Marta González Vázquez
Secretaria xeral da Igualdade
ANEXO I
N.º expediente |
Entidade |
NIF |
Puntos |
Programa |
Detalle da axuda |
|
Tipo axuda |
Contías |
|||||
SI427A 2011/000058-0 |
HH.TT.FF. Rebaño de María |
R1100013J |
80 |
Obra Social Sí a la Vida |
Art. 4.1 c) subvención |
18.000,00 |
SI427A 2011/000040-0 |
Asoc. Española Contra o Cancro |
G28197564 |
80 |
Apoio Psicosocial Rehabilitación Operadas de Cancro de Mama |
Art. 4.1 c) subvención |
16.000,00 |
SI427A 2011/000039-0 |
Asoc. MMRR Alumear |
G32350555 |
80 |
Prog de Atención Bio-Psicosocial para Mulleres na 3.ª Idade |
Art. 4.1 c) subvención |
4.000,00 |
SI427A 2011/000065-0 |
Asociación Redmadre Coruña |
G70180229 |
79 |
Intervención para Mulleres Xestantes e Lactantes |
Art. 4.1 b) incentivo Art. 4.1 c) subvención |
24.000,00 10.000,00 |
SI427A 2011/000002-0 |
Federación de Asoc. Anaral |
G32362279 |
78 |
Proxecto Semas: Servizo de Apoio a Mulleres Maiores Soas |
Art. 4.1 c) subvención |
29.000,00 |
SI427A 2011/000025-0 |
ONG Mestura |
G15940414 |
77 |
Programa Neneiras |
Art. 4.1 c) subvención |
14.000,00 |
SI427A 2011/000009-0 |
Fundación Érguete-Integración |
G36861078 |
77 |
Servizo de Orientación Sociolaboral a Mulleres Inmigrantes |
Art. 4.1 b) incentivo Art. 4.1 c) subvención |
24.500,00 4.500,00 |
SI427A 2011/000063-0 |
Congregación Siervas de la Pasión |
R0800086A |
77 |
Centro de Atención Especializada Hogar Sta. Isabel |
Art. 4.1 a) ocupación |
34.000,00 |
SI427A 2011/000027-0 |
ONGD Ecos do Sur |
G15354483 |
77 |
Programa de Apoio ás Nais |
Art. 4.1 c) subvención |
30.000,00 |
SI427A 2011/000008-0 |
FAXPG |
G15068091 |
76 |
Programa de Apoio a Mulleres Xordas |
Art. 4.1 c) subvención |
29.000,00 |
SI427A 2011/000019-0 |
Betania de Jesús Nazareno |
R1500247J |
75 |
Centro para Mulleres sen Recursos |
Art. 4.1 a) ocupación Art. 4.1 c) subvención |
30.000,00 4.000,00 |
SI427A 2011/000034-0 |
Asoc. Ayuda y Atención al Preso |
G15414667 |
75 |
Mulleres Reclusas |
Art. 4.1 c) subvención |
10.000,00 |
SI427A 2011/000062-0 |
Rede de MM Contra os Malos Tratos de Vigo |
G36928646 |
75 |
Programa Re-Actívate |
Art. 4.1 c) subvención |
14.000,00 |
SI427A 2011/000053-0 |
Cáritas Diocesana de Santiago |
R1500053B |
74 |
Programa Grávida |
Art. 4.1 c) subvención |
11.000,00 |
SI427A 2011/000003-0 |
Asoc. Anel |
G32207516 |
73 |
Servizo de Atención a Mulleres Anciás Soas |
Art. 4.1 c) subvención |
32.000,00 |
SI427A 2011/000033-0 |
Conf. Galega Persoas con Discapacidade. Cogami |
G32115941 |
73 |
Servizo de Atención Especializada a Mulleres con Discapacidade |
Art. 4.1 c) subvención |
16.000,00 |
SI427A 2011/000043-0 |
Asoc. Dignidad - Ferrol |
G15500853 |
70 |
Acompañamento Social a Mulleres Xestantes e Lactantes |
Art. 4.1 b) incentivo |
9.000,00 |
SI427A 2011/000032-0 |
Asoc. Redmadre Pontevedra |
G27707686 |
70 |
Nais 2011 |
Art. 4.1 c) subvención |
22.000,00 |
SI427A 2011/000050-0 |
Asoc. de Ayuda a la Vida Ayuvi |
G36802536 |
70 |
Programa Tú Puedes |
Art. 4.1 c) subvención |
10.000,00 |
SI427A 2011/000045-0 |
Asoc. Redmadre Ourense |
G32394082 |
70 |
Proxecto Nais 2011 |
Art. 4.1 c) subvención |
7.000,00 |
SI427A 2011/000013-0 |
Asoc. Empresarias e Prof. Prov. Ourense |
G32104663 |
70 |
Programa Ame Apoia |
Art. 4.1 c) subvención |
16.000,00 |
SI427A 2011/000036-0 |
Fundacion Ronsel |
G15752660 |
69 |
Xerentas, Muller Emprendedora |
Art. 4.1 c) subvención |
14.000,00 |
SI427A 2011/000052-0 |
Asoc. Síndrome de Down Teima de Ferrol |
G15458060 |
69 |
Programa en Igualdade (para futuras nais de nenos/as con síndrome Down) |
Art. 4.1 c) subvención |
10.000,00 |
SI427A 2011/000016-0 |
Asoc. Pro Saúde Mental A Creba |
G15476310 |
68 |
Apoio Integral a Mulleres con Discapacidade no Rural |
Art. 4.1 c) subvención |
30.000,00 |
SI427A 2011/000012-0 |
Asociación Labregas |
G15945686 |
68 |
Sensibilización e Prevención Social e Dinamización Comunitaria |
Art. 4.1 c) subvención |
29.000,00 |
SI427A 2011/000038-0 |
Cimo Entidade Prestadora de Servicios |
G32010449 |
68 |
Club Emprego para Reclusas e Ex-reclusas |
Art. 4.1 c) subvención |
16.000,00 |
SI427A 2011/000029-0 |
Fed. Prov. MMRR de Ourense - Femuro |
G32237869 |
67 |
Femuro Concilia e Emprega |
Art. 4.1 c) subvención |
23.000,00 |
SI427A 2011/000011-0 |
SLG - Secretaria das Mulleres |
G27023951 |
66 |
Punto Delas |
Art. 4.1 c) subvención |
33.000,00 |
SI427A 2011/000037-0 |
Asoc. Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
66 |
Centro de Atención Especializada |
Art. 4.1 b) ocupación |
33.000,00 |
SI427A 2011/000035-0 |
Asoc. Antonio Noche |
G15210388 |
65 |
Inmigrantes, Minorías Étnicas |
Art. 4.1 c) subvención |
26.000,00 |
SI427A 2011/000014-0 |
Asoc. Rexurdir |
G36046241 |
64 |
Programa de Apoio Integral á Familia |
Art. 4.1 c) subvención |
5.000,00 |
SI427A 2011/000007-0 |
Fundación Amigos de Galicia |
G15859911 |
62 |
Plan de Axuda a Mulleres Vítimas |
Art. 4.1 c) subvención |
33.000,00 |
SI427A 2011/000005-0 |
Feaga |
V15440639 |
60 |
Proxecto Paimega: asesoramento a emprendedoras |
Art. 4.1 c) subvención |
33.000,00 |
SI427A 2011/000023-0 |
Fundación Universidade da Coruña |
G15597289 |
60 |
Programa de Competencias Prof. Assessment Week |
Art. 4.1 b) incentivo Art. 4.1 c) subvención |
18.000,00 10.000,00 |
SI427A 2011/000006-0 |
Ampaga |
G70251590 |
60 |
Proxecto Amfe: asesoramento a mulleres |
Art. 4.1 c) subvención |
9.000,00 |
SI427A 2011/000001-0 |
Alar Galicia |
G15775901 |
57 |
Proxecto Madre: Gabinete de Apoio |
Art. 4.1 c) subvención |
19.000,00 |
SI427A 2011/000004-0 |
Asfem |
G27255108 |
54 |
Programa de Acompañamento a Mulleres Inmigrantes |
Art. 4.1 c) subvención |
7.000,00 |
SI427A 2011/000059-0 |
Asoc. Mujeres Empresarias Prov. Lugo |
G27105220 |
54 |
Apoio a Emprendedoras |
Art. 4.1 c) subvención |
3.000,00 |
SI427A 2011/000051-0 |
Down Vigo Asoc. para a Síndrome de Down |
G36697324 |
53 |
Recursos Integrais de Apoio e Mellora de Oportunidades |
Art. 4.1 c) subvención |
23.000,00 |
SI427A 2011/000018-0 |
Asoc. Íntegro para a Divers Funcional |
G15173263 |
53 |
Mulleres con Diversidade: Servizo de Información e Asesoramento no Rural |
Art. 4.1 c) subvención |
23.000,00 |
SI427A 2011/000042-0 |
Asoc. de Axuda ao Toxicómano Érguete |
G36642726 |
52 |
Intervención Socioeducativa con Mulleres Reclusas |
Art. 4.1 c) subvención |
18.000,00 |
SI427A 2011/000055-0 |
Fed. Galega de Inst. para S. de Down (Down Galicia) |
G15665144 |
49 |
Programa de Información, Ases. e Orient. A Mulleres con Discapacidade |
Art. 4.1 c) subvención |
28.000,00 |
SI427A 2011/000054-0 |
Fundación Down Compostela |
G70040258 |
49 |
Programa para Mulleres en Situación de Especial Protección |
Art. 4.1 c) subvención |
5.000,00 |
SI427A 2011/000060-0 |
Feafes - Fed Asoc. Familiares e Pers. Enf. Mental |
G15545353 |
48 |
Programa de Formac. e Inserción Laboral para Mulleres con Discapacidade |
Art. 4.1 c) subvención |
2.000,00 |
SI427A 2011/000030-0 |
Fed. Galega Redeiras Artesas O Peirao |
G15969868 |
47 |
Programa de Formación Técnica |
Art. 4.1 c) subvención |
11.000,00 |
SI427A 2011/000057-0 |
Asoc. Down Coruña |
G15731466 |
45 |
Atención Integral a Mulleres con Síndrome Down |
Art. 4.1 c) subvención |
13.000,00 |
SI427A 2011/000022-0 |
Down Ourense |
G32311870 |
42 |
Programa de Autonomía Persoal para Mulleres con Síndrome Down |
Art. 4.1 c) subvención |
3.000,00 |
SI427A 2011/000061-0 |
Down Pontevedra Xuntos Asoc. Sind. Down |
G36164887 |
40 |
Información, Orientación, Asesor. e Apoio Psicolóxico |
Art. 4.1 c) subvención |
3.000,00 |
SI427A 2011/000046-0 |
Asoc. E-Integralia |
G32412678 |
37 |
Programa Muller Íntegra |
Art. 4.1 c) subvención |
8.000,00 |
SI427A 2011/000047-0 |
Asoc. Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos |
G32369696 |
31 |
Programa a Vida en Soidade |
Art. 4.1 c) subvención |
10.000,00 |
ANEXO II
N.º expediente |
Solicitante |
NIF |
Causas |
SI427A 2011/000010-0 |
Hijas Divino Celo - Rogacionistas |
R0800037D |
Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais. |
SI427A 2011/000015-0 |
Cáritas Diocesana de Ourense |
R3200098F |
Art. 90 LRXAP: desistencia expresa. |
SI427A 2011/000017-0 |
Fundac. Preescolar na Casa |
G27268689 |
Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais. |
SI427A 2011/000020-0 |
Unión Xeral de Traballadores de Galicia |
G15383011 |
Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables. |
SI427A 2011/000021-0 |
Asoc. Grupo Divers Funcional Ferrol e Com. |
G15049919 |
Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais. |
SI427A 2011/000024-0 |
Asoc. MM Pedra Vella |
G36837433 |
Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables. |
SI427A 2011/000026-0 |
Centro Sociocultural A.R. Valladares |
G36617082 |
Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables. |
SI427A 2011/000028-0 |
Asoc. Tempus |
G15681000 |
Art. 7.3 das bases reguladoras: Incumprimento do requisito de emenda e/ou achega da documentación requirida no prazo establecido. |
SI427A 2011/000031-0 |
Asoc. Redeiras Artesás Illa da Estrela de Corme |
G70225560 |
Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables. |
SI427A 2011/000041-0 |
Asoc. Aspas (de pais de pers. con discapac. int.) |
G15031537 |
Art. 1 convocatoria e 3 das bases reguladoras: entidade non rexistrada na área de igualdade do rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais. |
SI427A 2011/000044-0 |
Fundación Amencer Aspanas |
G32377160 |
Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables. |
SI427A 2011/000048-0 |
Asoc. Diagnosticad@S Cancro Mama Adicam |
G36380301 |
Art. 3 da convocatoria art. 7.7 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo. |
SI427A 2011/000049-0 |
Asoc. Prof. Redeiras O Fieital de Malpica |
G15923022 |
Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables. |
SI427A 2011/000056-0 |
Radio Ecca Fundación Canaria |
G35103431 |
Art. 1 das bases reguladoras: acción non susceptible de inclusión no ámbito da convocatoria por non reunir todos os requisitos establecidos para as accións subvencionables. |
SI427A 2011/000064-0 |
Asociación Amicos |
G15747678 |
Art. 3 da convocatoria art. 7.7 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo. |
SI427A 2011/000066-0 |
Asoc. Integrados |
G15970057 |
Art. 3 da convocatoria art. 7.7 das bases reguladoras: solicitude presentada fóra de prazo. |