Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 21 de outubro de 2011 Páx. 31083

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO da publicación das bases da convocatoria dunha praza de arquitecto/a.

No BOP de Pontevedra núm. 184, do 23 de setembro de 2011, publicaronse as bases de convocatoria polo sistema concurso-oposición de acceso libre dunha praza de arquitecto/a vacante na oferta de emprego público 2010, encadrado/a na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior e dotado coa retribución correspondente ao grupo A1. O prazo de presentación de instancias será de vinte días desde a publicación da convocatoria no BOE. O que se publica consonte o artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño.

Baiona, 29 de setembro de 2011.

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde