O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no segundo cuadrimestre por esta consellería.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura e Turismo nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo
ANEXO
Título |
Data da |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Sociedade de Promoción Turística de Galicia, S.A. coa Televisión de Galicia, S.A. |
7.5.2011 |
270.161,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas nos museos xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo. |
18.5.2011 |
0,00 € |
Convenio de cooperación cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Cerdedo para o acondicionamento e equipamento do auditorio do centro cultural de Cerdedo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013. |
8.6.2011 |
140.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas. |
15.6.2011 |
20.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde. |
15.6.2011 |
20.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do título de máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos. |
15.6.2011 |
20.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Palas de Rei para a apertura e visitas públicas ao castelo de Pambre. |
21.7.2011 |
14.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para a realización conxunta das seguintes actividades: Os bos e xenerosos 2011; Premios AELG 2011; O escritor/a na súa terra 2011; Encontro Galeusca 2011; Polafía 2011; Roteiros literarios na web e Dixitalización de documentación dos socios/as para a web da AELG. |
14.7.2011 |
20.000,00 € |
Convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Ares para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da biblioteca pública municipal dependente del. |
3.6.2011 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Gallega de Empresas de Organización Profesional de Congresos (OPC Galicia) para a promoción Turística de Galicia. |
11.8.2011 |
30.000,00 € |
Carta de intención en canto ao desenvolvemento da cooperación entre o Goberno da Provincia Autónoma de Trento (República Italiana) e a Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito cultural e o turístico. |
4.5.2011 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Empresas de Turismo de Golf Galicia Destino Golf para a promoción turística do golf en Galicia. |
9.8.2011 |
40.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Clubes Náuticos (Asnauga) para a promoción do turismo náutico en Galicia. |
24.8.2011 |
30.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para a realización de actividades de promoción do turismo na Mariña Lucense. |
13.7.2011 |
64.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (Cehosga) para a promoción turística de Galicia. |
30.8.2011 |
350.000,00 € |
Convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación de Veciños O Árbol de Tomiño para a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia, da biblioteca pública da asociación. |
2.6.2011 |
0,00 € |
Protocolo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Cultura e Turismo para continuar coa colaboración iniciada por protocolo do 30 de abril de 2010, para levar a cabo a realización da campaña de promoción turística de Galicia e do Camiño de Santiago entre os pasaxeiros de distintas compañías aéreas. |
11.7.2011 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Antón Losada Diéguez para a realización de actividades arredor da obra de Antón Losada Diéguez. |
16.6.2011 |
9.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Valle Inclán para a realización de actividades relacionadas co escritor Valle Inclán. |
3.8.2011 |
25.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a realización da 11.ª Edición da Feira Internacional do Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa Termatalia 2011. |
9.8.2011 |
75.200,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e o Consello da Cultura Galega en proxectos relacionados co patrimonio cultural de Galicia. |
8.6.2011 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (Cehosga) para a organización da gala I Edición dos Premios Cehosga. |
30.8.2011 |
19.600,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Valga para os traballos de escavación arqueolóxica, consolidación e acondicionamento para a posta en valor do xacemento arqueolóxico de Igrexa Vella de Santa Comba de Louro (Valga-Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013. |
4.8.2011 |
135.936,00 € |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Araguaney, para a realización do Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal. |
22.7.2011 |
16.878,70 € |
Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Corporación Radio Televisión Española para a coordinación de accións para a dixitalización de fondos documentais de RTVE. |
21.7.2011 |
0,00 € |
Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura e Turismo para destacar persoal propio na oficina da fundación en Bruxelas. |
22.7.2011 |
6.964,80 € |
Addenda ao convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo e a propiedade do Pazo de Meirás para a apertura e visitas públicas ao devandito pazo. |
5.8.2011 |
23.000,00 € |