Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 4 de novembro de 2011 Páx. 32293

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 8 de marzo de 2011 pola que se regulan as bases e se convocan as axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

No Diario Oficial de Galicia do 11 de marzo de 2011 publicouse a Resolución do 8 de marzo de 2011 pola que se regulan as bases e se convocan as axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

No artigo 3 da antedita resolución establécese que para a concesión destas axudas destínase crédito polo importe e nas aplicación seguintes:

– Axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: 175.000 euros na aplicación orzamentaria 04.40.313D.480.2.

– Indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: 45.000 euros na aplicación orzamentaria 04.40.313D.480.1.

Este crédito, segundo o establecido no dito artigo, poderá ser ampliado cando o aumento veña derivado da súa previsión legal ou dalgún dos supostos previstos no artigo 30.2.º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Na data actual, dado o volume de solicitudes presentadas da axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e que non poden ser atendidas polo esgotamento do crédito inicialmente asignado, así como as necesidades das posibles beneficiarias, resulta necesario incrementar a dotación orzamentaria destinada a esta axuda.

Por todo o exposto e no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro. Amplíase a dotación orzamentaria asignada para a concesión da axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero na contía de 175.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.313D.480.2.

Segundo. Esta ampliación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2011.

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade