Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 17 de novembro de 2011 Páx. 33835

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO da modificación do convenio entre o Concello da Pontenova e Xestur Lugo, S.A. para a creación dun parque empresarial en Goios.

Na sesión ordinaria do Pleno celebrada o 29 de setembro de 2011, prestouse aprobación inicial á modificación do convenio entre o Concello da Pontenova e Xestur Lugo, S.A. do 2 de xuño de 1992, para creación dun parque empresarial en Goios.

De conformidade co establecido no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), o texto do convenio sométese a información pública e pode ser consultado nas oficinas municipais, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, tras a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso de Lugo, por un período de vinte días, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións.

Realizado o trámite anterior poderanse presentar alegacións no mesmo período hábil. Se non se producisen alegacións entenderase definitivamente aprobado e, consecuentemente, o texto do convenio devirá definitivo sen ulterior acordo do pleno.

O convenio modificado queda condicionado a súa aprobación e perfeccionamento de conformidade co establecido nos artigos 233 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro. Ata ese momento será plenamente eficaz o convenio subscrito con Xestur Lugo, S.A. o día 2 de xuño de 1992.

A Pontenova, 5 de outubro de 2011.

Darío Campos Conde
Alcalde