Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2011 Páx. 35530

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 14 de novembro de 2011 pola que se dá publicidade aos Premios da Cultura Galega 2011.

A Orde do 7 de xuño de 2011 da Consellería de Cultura e Turismo convocou para este ano os Premios da Cultura Galega creados pola Orde do 24 de setembro de 2010. O seu obxecto é distinguir as persoas e institucións que traballan nos distintos eidos da creación, conservación e revalorización do patrimonio e da actualización e difusión do capital intelectual tanto na comunidade autónoma coma no exterior.

De acordo co disposto no artigo 6 da devandita orde a decisión do xurado en que se resolva o outorgamento dos premios farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e da páxina web da Consellería de Cultura e Turismo.

Polo tanto, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Dar publicidade á decisión do xurado que na reunión do 2 de novembro de 2011 acordou conceder os Premios da Cultura Galega 2011 ás seguintes candidaturas:

Premio Cultura Galega das Letras: ao escritor Arcadio López Casanova.

Premio Cultura Galega das Artes Plásticas: ao escultor Manuel Paz Mouta.

Premio Cultura Galega das Artes Escénicas: ao dramaturgo Francisco Cadaval Ayaso.

Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural: á Fundación Aquae Querquennae Via Nova.

Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia: ao músico Carlos Núñez Muñoz.

Premio Cultura Galega de Música: ao músico Rogelio Groba Groba.

Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual: á actriz María Pujalte Vidal.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2011.

Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo