De conformidade co disposto no artigo 15.1.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 21 da Resolución do 19 de maio de 2011 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria (DOG n.º 103, do 30 de maio de 2011), procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 19 de maio de 2011.
Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:
Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos corrrentes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
Liña 2 : promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de actividades destinadas a esta finalidade.
Norma reguladora: Resolución do 19 de maio de 2011 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria.
Crédito orzamentario: 38.571,43 euros.
Partida orzamentaria: 04.40.313B.480.0.
Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.
A Coruña, 14 de novembro de 2011.
Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Subvencións concedidas
Crédito asignado: 37.349,64 euros
Liña 1. Consolidación do movemento asociativo.
CIF |
Entidade |
Importes |
G70180229 |
Asociación Red Madre Coruña |
6.000,00 € |
G70223417 |
Asociación Acadar |
3.019,04 € |
G15945686 |
Asociación Labregas |
6.000,00 € |
Liña 2. Promoción de hábitos de vida saudables.
CIF |
Entidade |
Importes |
G15769532 |
Asociación Galega para a Formación de Mulleres |
5.643,00 € |
G15173263 |
Asociación Integro |
6.000,00 € |
G70184692 |
Mulleres e Igualdade Oleiros |
4.000,00 € |
G70278676 |
Asociación Apade |
4.977,60 € |
G70162185 |
Asociación de Mulleres de Dodro-Malvalila |
1.557,60 € |