Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2012 Páx. 32462

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 31 de xullo de 2012 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2012 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Medio Rural e do Mar aos grupos de acción costeira, convocadas pola Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento da súa concesión (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).

A Orde do 16 de marzo de 2011 (DOG nº 57, do 22 de marzo) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Medio Rural e do Mar aos grupos de acción costeira (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).

O artigo 10 da citada orde establece que a presentación das solicitudes mantense aberta ata o 31 de marzo de 2013, e nel establécense os períodos anuais de resolución.

O artigo 9 da citada orde establece que as axudas se concederán con cargo ás aplicacións orzamentarias que en cada un dos anos de vixencia do actual programa operativo FEP 2007-2013 sinale a correspondente Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma.

En cada anualidade sucesiva ata 2013 fixarase mediante unha orde complementaria o crédito plurianual existente con esta finalidade. Os créditos de cada ano poderán ser incrementados, se é o caso, coas incorporacións dos remanentes de exercicios anteriores que legalmente correspondan.

Aprobados os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2012 pola Lei 11/2011, do 26 de decembro, cómpre xa facer pública a contía do crédito orzamentario destinado a facer fronte ás ditas axudas.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Crédito orzamentario de 2012

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2012 e a plurianualidade asociada ás axudas que poidan concederse neste alcanza o importe de sete millóns dous mil oitocentos catorce euros con setenta e sete céntimos (7.002.814,77 euros), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:

Partida orzamentaria

Ano 2012

Ano 2013

Ano 2014

Totais

16.31.723B.770.0

976.808,95 €

1.853.258,00 €

1.800.000,00 €

4.630.066,95 €

16.31.723B.780.0

432.895,82 €

1.129.852,00 €

810.000,00 €

2.372.747,82 €

Totais

1.409.704,77 €

2.983.110,00 €

2.610.000,00 €

7.002.814,77 €

As axudas financiaranse con cargo ao Fondo Europeo da Pesca (69 %), a fondos da Administración xeral do Estado e a fondos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2. Ampliación do crédito

A contía establecida no artigo anterior para a anualidade 2012 poderá ser incrementada na cantidade resultante das incorporacións de créditos remanentes doutros exercicios.

Artigo 3. Concesión das axudas

A concesión de axudas quedará limitada, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2012

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar