Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11216

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de Escolas abertas presenciais 2013, convocado na Resolución do 8 de marzo de 2013, pola que se establece e se regula o programa de Escolas abertas presenciais 2013 destinadas ás comunidades galegas no exterior.

Mediante a Resolución do 8 de marzo de 2013 (DOG nº 53, do 15 de marzo), convocouse o programa de Escolas abertas presenciais 2013 destinadas ás comunidades galegas no exterior.

No artigo 2 da devandita resolución establécese un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes.

Próximo a rematar o devandito prazo sen que o número de solicitudes presentadas cubra o número de prazas ofertadas no programa, considérase conveniente proceder á súa ampliación.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar, ata o 22 de abril de 2013 inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 2 da Resolución do 8 de marzo de 2013, pola que se establece e se regula o programa de Escolas abertas presenciais 2013 destinadas ás comunidades galegas no exterior.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración