Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42567

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2014

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo ISSGA

Data sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Fundación Laboral da Construción (FLC) para o recoñecemento da formación preventiva impartida polo ISSGA para efectos da obtención da tarxeta profesional da construción (TPC).

O recoñecemento da formación impartida polo ISSGA e recollida no libro II do vixente Convenio xeral do sector da construción para os efectos do seu recoñecemento para a obtención da tarxeta profesional da construción (TPC).

0,00 €

7.5.2014

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL) para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo.

O establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas pola SGPRL, para a mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, a redución dos riscos laborais, a investigación e fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

0,00 €

31.7.2014