Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre a adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos de construción e demolición no concello de Boiro (A Coruña), promovido por esta consellería (clave 2014/0148).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 9 de marzo de 2015 sobre a adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos de construción e demolición, no concello de Boiro (A Coruña), promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental