Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución de expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 13, do 14 de xaneiro), notifícanselle á persoa que a continuación se indica as resolucións do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

A interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer no prazo de cinco (5) días hábiles (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas) para coñecemento do contenido íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Nº expediente: 2000/731-5.

Interesada: Montserrat Nuevo Pousada.

Domicilio: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 15 de xaneiro de 2015.

Vigo, 11 de marzo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo