Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación urxente documentalmente simplificada, para a contratación do servizo de restauración, incluíndo limpeza e acondicionamento, das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa, e servizo de restauración incluíndo limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes en Vigo, campamento xuvenil Illa de Ons en Bueu e campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o seguinte procedemento:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3º. Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 77 25. Fax: 986 81 76 83.

5º. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente 27/2015.

Servizo de restauración, incluíndo limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa, e servizo de restauración incluíndo limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes, en Vigo, campamento xuvenil Illa de Ons, en Bueu, e campamento xuvenil Pontemaril, en Forcarei.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 22 de xuño ata o 12 de setembro de 2015, segundo os períodos relacionados no prego de prescricións técnicas.

e) Admisión de prórroga: non.

f) C.P.V.: non. C.P.A.: 56.10.19.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento: 229.631,00 € (IVE 10 %: 22.963,10 €) total: 252.594,10 €.

5. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: no Rexistro Xeral, segundo establece o prego de cláusulas administrativas ou por correo segundo o establecido no punto 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8. Código postal 36201 Vigo (Pontevedra).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a data de apertura das propostas.

8. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha sala de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e data que será anunciada con tres días hábiles de anticipación, no perfil do contratista http://www.contratosdegalicia.es/

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 25 de marzo de 2015

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo