Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13264

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (698/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 698/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Morano Carro contra Universal Support, S.A.U. e Grupo Konecta BPO sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 115/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 698/2014

Demandante: Ana María Morano Carro

Letrado: Sra. Rodríguez Amoroso

Demandado: Universal Support, S.A.U.

Letrado: Sr. Laso Noya

Grupo Konecta BPO

Letrado:

Sentenza nº 115/2015.

A Coruña, 11 de marzo de 2015.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ana María Morano Carro contra a empresa Universal Support, S.A.U. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno á demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 10.614,07 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 29,02 euros/día.

3º. Considérase que Ana María Morano Carro desiste da acción de despedimento exercida fronte á empresa Grupo Konecta BPO.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Grupo Konecta BPO, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de marzo de 2015

A secretaria xudicial