Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de marzo de 2015 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/002/2013-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a José Antonio Cunha Mera, a José Manuel Martínez Martínez e a Mª de las Nieves Lafuente González para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/002/2013-RP1, en relación coas obras consistentes na reforma dunha vivenda unifamiliar sita no lugar de Seselle-Caamouco, no termo municipal de Ares, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e as informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística