Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 7 de abril de 2015 Páx. 13259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1166/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 1166/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julia María Teijeiro Noche contra Fook Shop, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Julia María Teijeiro Noche contra a entidade Fook Shop, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Fook Shop, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.018,72 € brutos, por diferenzas salariais durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Fook Shop, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2015

A secretaria xudicial