Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de novembro de 2016 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono do barco Facuca, con matrícula 3ª-VI-4-5514.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos posibles interesados no barco de referencia, en canto titulares de dereitos ou intereses lexítimos, que poidan resultar afectados pola decisión que se adopte no procedemento, o Acordo do presidente de Portos de Galicia do 3 de novembro de 2015, que inicia procedemento para a declaración de abandono do barco Facuca, con matrícula 3ª-VI-4-5514, atracado no pantalán pesqueiro do porto de Cangas (Pontevedra).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acordo emítese, por atoparse a embarcación atracada sen actividade, en estado de abandono e sen aboar taxas, e con perigo de afundimento, segundo o establecido nos artigos 302 e 304 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e cos efectos establecidos neles.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3, alíneas a) e l), da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia.

Os interesados no barco que acrediten a dita condición disporán dun prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia