1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato privado de servizos.
b) Descrición do obxecto: contrato privado de seguro (póliza) para a prestación da asistencia sanitaria e as indemnizacións por perdas anatómicas ou funcionais producidas en caso de accidente deportivo, con ocasión da participación no programa Xogade de actividade deportiva en idade escolar e no deporte federado en idade escolar (6 a 16 anos) na anualidade 2017.
c) Prazo de execución: cinco meses e medio (5,5) contados a partir do inicio do período de cobertura.
d) Admisión de prórrogas: si, poderá prorrogarse por un período de cinco meses e medio (5,5) máis.
e) CPV: 66510000-8 (servizos de seguros).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.
4. Valor estimado: 1.551.000 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 775.500 € (exento de IVE).
6. Garantías.
a) Garantía provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).
7. Requisitos específicos do contratista.
1º. Clasificación: non se exixe.
2º. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de claúsulas administrativas particulares (PCAP).
8. Obtención de documentación e información.
a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.
b) Enderezo: rúa de Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.
d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
e) Consulta de pregos na rede da internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=71460
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 7 de decembro de 2016.
b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo PCAP.
c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa de Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56). Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no PCAP.
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura de ofertas.
a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa de Madrid, nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas.
b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.
c) Data: publicarase na Plataforma de contratación pública de Galicia.
11. Outras informacións.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na Plataforma de contratación o resultado de apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na citada documentación.
12. Gastos do anuncio.
Por conta do adxudicatario, así como, se for o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.
13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 28 de outubro de 2016.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte