Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de mantemento da rede de telefonía (expediente 323/16).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: alabel@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 323/16.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: mantemento da rede de telefonía da Universidade de Vigo.

c) Lugar de execución/entrega: Campus da Universidade de Vigo.

d) Prazo de execución: 2 anos.

e) Admisión de prórroga: si, por períodos anuais ata un máximo de 2 anos.

f) CPV: 50334110-9: servizos de mantemento de redes de telefonía.

g) CPA: 61: servizos de telecomunicacións.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

• Calidade do plano de mantemento preventivo ofertado (xuízo de valor, 14 puntos).

• Calidade do soporte e xestión de incidencias (xuízo de valor, 5 puntos).

• Calidade do informe de resolución de incidencias (xuízo de valor, 4 puntos).

• Oferta económica (automático, 60 puntos).

• Tempo de resposta e de resolución de incidencias (automático, 15 puntos).

• Cobertura horaria (automático, 2 puntos).

4. Valor estimado do contrato: 116.000 €.

5. Importe de licitación: 58.000 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVA.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica-profesional: a que se indica, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 17 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais-baixo. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais-2 andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 1.300 €.

11. Outra información: financiado con fondos propios da Universidade de Vigo.

Vigo, 3 de novembro de 2016

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo