Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 21 de xuño de 2017 Páx. 30377

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende fomentar a colaboración das empresas no desenvolvemento da formación profesional do sistema educativo, co obxecto de adecuar as ensinanzas dos ciclos formativos ás necesidades específicas de formación que demandan as empresas.

O Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, regula, entre outras cuestións, determinados aspectos da formación profesional dual, que combina os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

A disposición adicional segunda do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e as entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos propios da actividade, así como a actualización profesional.

A Orde do 12 de xullo de 2011 regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

Na súa virtude, co fin de pór en funcionamento proxectos de formación profesional dual de carácter experimental en colaboración con diversas entidades, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto a autorización e a implantación de proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional polo réxime de persoas adultas en centros educativos, en colaboración con diversas entidades (código de procedemento ED513A). Estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

2. A relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras nas que se autorizan os proxectos de formación profesional dual establécese no anexo II.

3. A distribución de módulos para cada ciclo formativo e curso escolar establécese no anexo III.

Artigo 2. Requisitos das persoas solicitantes

Para poderen acceder a estes proxectos de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:

a) Ter entre dezaoito anos (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo) e vinte e nove anos no momento de inicio do ciclo formativo.

b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.

c) Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.

d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.

e) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación de solicitude

1. Cada solicitante presentará unha única solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran no anexo II e irá dirixida á dirección do centro educativo.

2. Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.

3. Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

4. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de xuño ata as 13.00 horas do día 30 de xuño de 2017.

Artigo 4. Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

b) No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.

Non cumprirá achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste na solicitude a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, en ausencia desta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A documentación complementaria presentarase nalgún dos centros educativos que figuran no anexo II.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos no documento de identidade (DNI ou NIE) da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 6. Procedemento de admisión e matrícula

1. O procedemento de admisión realizarase en dúas fases:

a) Na primeira fase, o centro educativo, logo de analizar a documentación presentada e verificar os requisitos das persoas solicitantes, fará pública no taboleiro de anuncios, no prazo máximo dun día hábil desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, a relación provisional de persoas solicitantes, ordenada alfabeticamente, con indicación do requisito de acceso ao ciclo formativo.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/fp.

Contra esta listaxe, o alumnado solicitante poderá presentar ante a dirección do centro a correspondente reclamación no prazo de dous días hábiles desde tal publicación.

Logo de resolver as reclamacións presentadas, no prazo de dous días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de reclamacións, publicarase no taboleiro de anuncios do centro educativo e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe coa relación definitiva de persoas solicitantes. Así mesmo, o centro educativo procederá na mesma data ao envío da dita listaxe á entidade colaboradora.

b) Na segunda fase, a entidade colaboradora, a partir da listaxe facilitada polo centro educativo, seleccionará as persoas que teñan o perfil que mellor se adapte ás características da actividade propia da empresa, que non poderán exceder o número máximo de alumnado a que se refire o punto 1 do artigo 7 desta orde. A empresa comunicaralle ao alumnado os criterios e os procedementos utilizados na selección con anterioridade á súa realización.

Estas actuacións serán realizadas por persoal da empresa xunto cunha persoa representante do centro educativo, de xeito que a selección poida garantir que se cubra o número mínimo de prazas que a empresa se comprometa a acoller nas súas instalacións.

O período de selección das persoas por parte da empresa rematará o día 12 de xullo.

Finalizado o período de selección, no seguinte día hábil, o centro educativo publicará no taboleiro de anuncios a listaxe de persoas admitidas, a listaxe de persoas en espera ordenadas por orde de prioridade e a listaxe de persoas non seleccionadas.

Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/fp.

2. A partir do seguinte día hábil desde a publicación das listaxes a que se refire o punto anterior e ata o día 21 de xullo, as persoas admitidas deberanse matricular na secretaría do centro correspondente.

3. A publicación de calquera listaxe do procedemento de admisión terá os mesmos efectos cá notificación, segundo se establece no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Contra a relación definitiva de solicitantes a que se refire o punto 1, alínea a), e contra as listaxes de persoas admitidas a que se refire o punto 1, alínea b), as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, no prazo máximo dun mes, ante a persoa titular da xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 7. Prazas ofrecidas e número mínimo de solicitudes de matrícula

1. O número máximo de alumnos e alumnas con matrícula no proxecto experimental de formación profesional dual será o establecido nos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente; en todo caso, será como máximo de trinta alumnos/as por ciclo formativo.

Os convenios poderán ser consultados no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual.

2. A autorización da oferta do proxecto experimental de formación profesional dual quedará condicionada a que exista un número mínimo de doce persoas seleccionadas. Un número menor de persoas seleccionadas exixe a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento este proxecto experimental de formación profesional dual, e mentres que non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.

Artigo 8. Obxecto e modalidade de desenvolvemento da formación profesional dual

1. Os proxectos experimentais de formación profesional dual desta orde realízanse consonte o establecido no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, e teñen por obxecto a cualificación profesional dos traballadores e das traballadoras nun réxime de alternancia da actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa recibida no marco do sistema educativo.

2. A actividade formativa inherente a estes proxectos será a necesaria para a obtención do título de técnico ou técnico superior correspondente, sen prexuízo de poder incluír formación complementaria para dar resposta tanto ás necesidades do alumnado como ás necesidades das empresas.

3. Estes proxectos de formación profesional dual desenvolveranse, consonte o establecido no artigo 3.1, alínea b), do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, a través da modalidade de formación compartida entre o centro educativo e a empresa, que consiste en que a empresa facilite os espazos, as instalacións e/ou as persoas expertas para impartir parcialmente determinados módulos profesionais. No centro educativo, os módulos profesionais serán impartidos polo profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no currículo correspondente.

Artigo 9. Plan de formación e aprendizaxe

1. Estes proxectos de formación profesional dual terán unha duración como máximo de tres anos e impartiranse de acordo coa distribución de módulos do anexo III para cada ciclo formativo e curso escolar.

2. Estes proxectos incorporarán, entre outros aspectos, a programación para cada un dos módulos profesionais consonte o establecido no artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, que recollerá as actividades que cumpra realizar no centro educativo e na empresa, así como o calendario, a xornada e os horarios en que se realizará a actividade laboral na empresa e a correspondente actividade formativa.

3. A distribución da formación curricular, a distribución global do proxecto, a temporalización dos módulos profesionais, a adquisición por parte do alumnado de cualificacións e unidades de competencia e a especificación das horas de formación que se realizarán no centro educativo e na empresa para cada módulo profesional están recollidas en cada un dos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente. Os convenios poderán ser consultados no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual.

Artigo 10. Titoría e desenvolvemento da formación

1. A entidade colaboradora designará unha persoa como titor ou titora que, entre outras cousas, será responsable do seguimento da actividade formativa e da comunicación co centro educativo.

2. O centro educativo designará unha persoa como titor ou titora do grupo de alumnado que, ademais das funcións que se establecen no artigo 21 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, será responsable da coordinación do equipo docente e será a interlocutora coa empresa para o desenvolvemento da actividade formativa.

3. A actividade formativa na empresa e no centro educativo será coordinada polos titores e as titoras mediante reunións de control cunha frecuencia mínima mensual, nas cales se realizará o seguimento de cada alumno ou alumna.

Artigo 11. Avaliación

1. A avaliación do alumnado será responsabilidade do profesorado dos módulos profesionais do centro educativo, tendo en conta as achegas das persoas expertas da empresa e o resultado das actividades desenvolvidas nesta. A valoración do grao de consecución dos resultados de aprendizaxe establecidos no currículo do ciclo formativo farase tomando como referencia inmediata os criterios de avaliación establecidos para cada módulo profesional.

2. Ao longo do período formativo correspondente, o profesorado de cada módulo realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe de conformidade co artigo 23 da citada Orde do 12 de xullo de 2011, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recolla de información previamente establecidos na programación dos módulos. Para tal fin, poderase establecer un plan individualizado por alumna ou alumno.

3. A avaliación final de módulos de cada ano do proxecto corresponderase sempre co remate do período formativo dos módulos realizados no centro educativo e na empresa.

Artigo 12. Módulo de formación en centros de traballo

Cando finalice o proxecto de formación profesional dual, o alumnado que superase todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente que compoñen o proxecto quedará exento de realizar o módulo de formación en centros de traballo.

Artigo 13. Continuidade no proxecto de formación profesional dual por parte do alumnado

1. Para poder continuar no proxecto de formación profesional dual, o alumnado seleccionado deberá superar a totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo correspondente previstos para cada curso académico segundo o plan de formación que se establece no anexo III desta orde. Non obstante, poderase continuar sen cumprir o anterior requisito por razóns debidamente motivadas e con autorización da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

2. Así mesmo, o alumnado será excluído do proxecto de formación dual nos seguintes casos:

a) Por faltas repetidas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas.

b) Por actitude incorrecta, atendendo ao código disciplinario da empresa, ou por falta de aproveitamento.

c) Para o alumnado con contrato de formación e aprendizaxe, pola extinción do contrato por calquera das causas que se establecen no artigo 13 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro.

3. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o artigo 32 do Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, articulará as medidas necesarias para que ao alumnado que non supere algún módulo e non sexa excluído do proxecto por algún dos casos recollidos nas alíneas a) e b) do punto anterior se lle facilite a continuación das ensinanzas do ciclo correspondente.

4. O alumnado que cumpra as condicións para continuar no proxecto nos cursos seguintes terá praza garantida e deberá entregar a solicitude de reserva para cada curso académico no prazo ordinario establecido na normativa.

5. Coa solicitude entenderase que o alumnado solicita a matrícula na totalidade dos módulos ofrecidos, segundo o plan de formación que se establece no anexo III desta orde. No derradeiro curso do proxecto, ademais destes módulos, o alumnado deberase matricular do módulo de Formación en centros de traballo e, no caso dos ciclos de grao superior, do módulo de Proxecto.

Artigo 14. Módulo de Proxecto dos ciclos formativos de grao superior

Sen prexuízo do establecido na normativa reguladora do módulo de Proxecto dos ciclos formativos de grao superior, este módulo profesional desenvolverase durante o derradeiro ano dos proxectos de formación profesional dual.

Artigo 15. Módulos profesionais xa superados ou validados

1. O alumnado que superase ou validase un módulo profesional do ciclo formativo solicitado por ter realizado outro ciclo formativo ou ter acreditada algunha unidade de competencia deberá asistir á totalidade das actividades, profesionalizadoras ou formativas, que cumpra realizar na empresa.

2. En materia de validacións atenderase ao establecido na súa normativa reguladora.

Artigo 16. Comunicación á inspección

A dirección do centro educativo, quince (15) días antes do inicio da actividade formativa nas empresas, remitiralles aos servizos de inspección educativa das respectivas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria unha copia do convenio de colaboración, a relación do alumnado matriculado no ciclo formativo e o nome da empresa onde vai realizar a súa formación. Os servizos de inspección trasladarán esta información á Inspección de Traballo.

Utilizarase o mesmo procedemento para comunicar as baixas ou posibles modificacións do alumnado na empresa.

Artigo 17. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Alumnado, cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta mesma secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxfp@edu.xunta.es.

Artigo 18. Modelos normalizados de formularios

Para calquera outro trámite distinto da presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición adicional primeira. Prazas ofrecidas polo réxime de persoas adultas

Unha vez rematado o proceso de matrícula nos ciclos formativos no período extraordinario de setembro, no caso que o centro educativo teña autorizados os mesmos módulos polo réxime para as persoas adultas que os autorizados no proxecto de formación profesional dual, poderanse adxudicar prazas polo réxime de persoas adultas, ata completar o número máximo de prazas que se ofrecen con carácter xeral para este tipo de ensino ás persoas da listaxe de espera coa orde de prioridade establecida. Estas persoas recibirán a formación dos módulos profesionais do ciclo formativo exclusivamente no centro educativo co mesmo itinerario de formación que o establecido para o proxecto de formación profesional dual e poderán, se a empresa o considera e nas condicións que se determinen, incorporarse ao proxecto de formación profesional dual se houber algunha vacante.

Disposición adicional segunda. Ordenación académica e avaliación do alumnado

Todos os aspectos relativos á ordenación académica e á avaliación sobre formación profesional inicial non recollidos nesta orde rexeranse polas normas que, con carácter xeral, regulan as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.

Disposición adicional terceira. Solicitude de admisión a ciclos formativos no prazo ordinario e simultaneamente nos proxectos de formación profesional dual

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual autorizados nesta orde tamén poderán, se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia, no prazo ordinario de xuño e xullo de 2017. Neste caso:

a) As persoas non seleccionadas nos proxectos de formación dual seguirán no procedemento de admisión a ciclos formativos e, de ser o caso, poderáselles adxudicar unha praza para que posteriormente realicen a matrícula nos prazos establecidos.

b) As persoas que figuren como admitidas en calquera dos proxectos de formación dual na listaxe a que se fai referencia na alínea 1.b) do artigo 6 desta orde están a renunciar expresamente a seguir no procedemento de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia; non serán adxudicadas e non poderán formalizar matrícula ningunha nestes réximes ou modalidades.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución

Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file

ANEXO II
Centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual

Código de

centro

Centro educativo

Código de ciclo

Ciclo formativo

Entidade colaboradora

15024513

CIFP Someso

SIMP01

Estética Integral e Benestar

Arlea Hotels, S.L.U.

15027770

IES A Sardiñeira

SQUI02

Química Industrial

Hijos de Rivera, S.A.U.

SQUI02

Química Industrial

Repsol Petróleo, S.A.

15027897

CIFP Paseo das Pontes

MINA01 e MHOT02

Panadaría, Repostaría e Confeitaría e oferta parcial do ciclo de Servizos en Restauración

Panadería da Cunha, S.L.

MTCP01

Confección e Moda

Inditex, S.A.

SHOT05 e SHOT04

Dobre titulación en Dirección de Servizos de Restauración e en Dirección de Cociña

Arlea Hotels, S.L.U.

SHOT05

Dirección de servizos de Restauración

Paradores de Turismo de España, S.A.

15005749

IES Universidade Laboral

SIMA03

Mecatrónica Industrial

Hijos de Rivera, S.A.U.

15006754

CIFP Ferrolterra

SIMA03

Mecatrónica Industrial

Navantia, S.A.

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

MENA01

Redes e Estacións de Tratamento de Augas

Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

SELE01

Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

Arlea Hotels, S.L.U.

SIMA03

Mecatrónica Industrial

Financiera Maderera, S.A.

15016000

CIFP Compostela

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

Arlea Hotels, S.L.U.

15026753

IES A Pontepedriña

SCOM03

Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

Leroy Merlin España, S.L.

27003175

IES Val do Asma

SADG01

Administración e Finanzas

Citadel (Grupo Hotusa)

SHOT02

Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

Hotusa Hotel, S.A.

Restel, S.A. (Grupo Hotusa)

SIFC03

Desenvolvemento de Aplicacións Web

Roomleader, S.A.

IGM Web, S.L.

27020562

IES de Foz

SHOT05 e SHOT04

Dobre titulación en Dirección de Servizos de Restauración e en Dirección de Cociña

Arlea Hotels S.L.U.

27015773

IES Muralla Romana

SIMP01

Estética Integral e Benestar

Oca Hotels, S.L.

27016455

IES Sanxillao

MHOT01

Cociña e Gastronomía

Oca Hotels, S.L.

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

MAGA04

Aproveitamento e Conservación do Medio Natural

Carronza, S.L.

Forestal Díaz Casariego, S.L.

Hijos de Ramón Rubal, S.L.

Maderas Argimiro, S.L.

Maderas Díaz Ramos, S.L.

Maderas Masma, S.L.

Maderas Míguez de Burela, S.L.

Maderas Naciente, S.L.

Maderas Patricio, S.L.

Maderera de Cospeito, S.L.

Obrasy Viales Teixeira, S.L.

Maderas Villampol, S.A.

27020793

CIFP Porta da Auga

MTMV03

Electromecánica de Maquinaria

Agro Forestal Rouco, S.L.U.

Centro Técnico Maquinaria Forestal, S.L.

Dingoma, S.A.

El Fondrigo, S.A.L.

Logmax Iberica, S.L.

Talleres Ramón Castro, S.L.

Cooperativas Lácteas Unidas Clun, S.C.G.

32009131

IES Universidad Laboral

MTMV01

Carrozaría

Unidad de Vehículos Industriales, S.A.

32016285

IES de Vilamarín

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

Arlea Hotels, S.L.U.

36020064

CIFP Carlos Oroza

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

Arlea Hotels, S.L.U.

SHOT05 e SHOT04

Dobre titulación en Dirección de Servizos de Restauración e en Dirección de Cociña

Arlea Hotels, S.L.U.

36020362

IES de Valga

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

Barton Maquinaria, S.L.

Curvados Anros, S.L.

Fundivisa

Gama e Hijos, S.L.

Tune Eureka

Sistemas Técnicos de Accesorio e Componentes, S.L.

Talleres Old de Carpintería Metálica, S.L.

Maimbar XXI, S.L.

Aluminios Padrón, S.A.U.

Algofar, S.L.

36013448

CIFP Manuel Antonio

MTCP01

Confección e Moda

Sociedad Textil Lonia, S.A.

36013771

IES Fermín Bouza Brey

SIMA03

Mecatrónica Industrial

Connorsa-Conserveras del Noroeste

Conservas Daporta

Conservas Selectas de Galicia

Grupo Profand (Cefrico)

Jealsa-Rianxeira

Mariscos Linamar

Mascato Salvaterra

Ignacio González Montes

ANEXO III
Plan de formación dos ciclos formativos autorizados para os proxectos de formación profesional dual

Código de centro

Centro

Código de ciclo

Ciclo

Curso

Código de módulo

Módulo

15024513

CIFP Someso

SIMP01

Estética Integral e Benestar

2017/18

MP0745

Estética hidrotermal

MP0746

Depilación avanzada

MP0747

Masaxe estética

MP0750

Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal

MP0751

Dermoestética

MP0752

Cosmética aplicada a estética e benestar

2018/19

MP0744

Aparellos de estética

MP0748

Drenaxe estética e técnicas por presión

MP0749

Micropigmentación

MP0753

Tratamentos estéticos integrais

MP0755

Formación e orientación laboral

MP0756

Empresa e iniciativa emprendedora

15027770

IES A Sardiñeira

SQUI02

Química Industrial

Entidade colaboradora:

Repsol Petróleo, S.A.

2017/18

MP0186

Transporte de sólidos e fluídos

MP0187

Xeración e recuperación de enerxía

MP0188

Operacións básicas na industria química

MP0190

Regulación e control de proceso químico

MP0194

Prevención de riscos en industrias químicas

2018/19

MP0185

Organización e xestión en industrias químicas

MP0189

Reactores químicos

MP0191

Mantemento electromecánico en industrias de proceso

MP0192

Formulación e preparación de mesturas

MP0193

Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos

MP0196

Formación e orientación laboral

MP0197

Empresa e iniciativa emprendedora

SQUI02

Química Industrial

Entidade colaboradora

Hijos de Rivera, S.A.U.

2017/18

MP0186

Transporte de sólidos e fluídos

MP0188

Operacións básicas na industria química

MP0189

Reactores químicos

MP0192

Formulación e preparación de mesturas

MP0194

Prevención de riscos en industrias químicas

MP0196

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0185

Organización e xestión en industrias químicas

MP0187

Xeración e recuperación de enerxía

MP0190

Regulación e control de proceso químico

MP0191

Mantemento electromecánico en industrias de proceso

MP0193

Acondicionamento e almacenaxe de produtos químicos

MP0197

Empresa e iniciativa emprendedora

15027897

CIFP Paseo das Pontes

SHOT04

Dirección de Cociña

2018/19

MP0497

Procesos de preelaboración e conservación en cociña

MP0499

Procesos de elaboración culinaria

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0507

Empresa e iniciativa emprendedora

2019/20

MP0498

Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña

MP0500

Xestión da produción en cociña

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

2017/18

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0509

Procesos de servizos en bar-cafetaría

MP0510

Procesos de servizos en restaurante

MP0514

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0180

Segunda lingua estranxeira

2019/20

MP0511

Sommelier

MP0512

Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración

MHOT02

Servizos en Restauración

2018/19

MP0150

Operacións básicas en bar e cafetaría

MINA01

Panadaría, Repostaría e Confeitaría

2017/18

MP0024

Materias primas e procesos en panadaría, pastelaría e repostaría

MP0025

Elaboracións de panadaría e bolaría

MP0026

Procesos básicos de pastelaría e repostaría

MP0030

Operacións e control de almacén na industria alimentaria

MP0031

Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos

MP0033

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0027

Elaboracións de confeitaría e outras especialidades

MP0028

Sobremesas en restauración

MP0029

Produtos de obradoiro

MP0032

Presentación e venda de produtos de panadaría e pastelaría

MP0034

Empresa e iniciativa emprendedora

MTCP01

Confección e Moda

2017/18

MP0264

Moda e tendencias

MP0267

Corte de materiais

MP0269

Confección industrial

MP0271

Información e atención á clientela

MP0272

Formación e orientación laboral

MP0275

Materiais téxtiles e pel

2018/19

MP0116

Principios de mantemento electromecánico

MP0265

Patróns

MP0268

Confección á medida

MP0270

Acabamentos en confección

MP0273

Empresa e iniciativa emprendedora

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

Entidade colaboradora:
Paradores de Turismo de España, S.A.

2017/18

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0509

Procesos de servizos en bar-cafetaría

MP0510

Procesos de servizos en restaurante

2018/19

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0511

Sommelier

MP0512

Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración

MP0514

Formación e orientación laboral

MP0515

Empresa e iniciativa emprendedora

15005749

IES Universidad Laboral

SIMA03

Mecatrónica Industrial

2017/18

MP0937

Sistemas eléctricos e electrónicos

MP0938

Elementos de máquinas

MP0939

Procesos de fabricación

MP0940

Representación gráfica de sistemas mecatrónicos

MP0946

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0935

Sistemas mecánicos

MP0936

Sistemas hidráulicos e pneumáticos

MP0941

Configuración de sistemas mecatrónicos

MP0942

Procesos e xestión de mantemento e calidade

MP0943

Integración de sistemas

MP0944

Simulación de sistemas mecatrónicos

MP0947

Empresa e iniciativa emprendedora

15006754

CIFP Ferrolterra

SIMA03

Mecatrónica Industrial

2017/18

MP0935

Sistemas mecánicos

MP0937

Sistemas eléctricos e electrónicos

MP0940

Representación gráfica de sistemas mecatrónicos

2018/19

MP0936

Sistemas hidráulicos e pneumáticos

MP0938

Elementos de máquinas

MP0939

Procesos de fabricación

MP0942

Procesos e xestión de mantemento e calidade

2019/20

MP0941

Configuración de sistemas mecatrónicos

MP0943

Integración de sistemas

MP0944

Simulación de sistemas mecatrónicos

MP0946

Formación e orientación laboral

MP0947

Empresa e iniciativa emprendedora

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

SELE01

Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

2017/18

MP0518

Técnicas e procesos en instalacións eléctricas

MP0520

Sistemas e circuítos eléctricos

MP0521

Técnicas e procesos en instalacións domóticas e automáticas

MP0527

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0517

Procesos en instalacións de infraestruturas comúns de telecomunicacións

MP0519

Documentación técnica en instalacións eléctricas

MP0522

Desenvolvemento de redes eléctricas e centros de transformación

MP0523

Configuración de instalacións domóticas e automáticas

MP0524

Configuración de instalacións eléctricas

MP0528

Empresa e iniciativa emprendedora

MP0602

Xestión da montaxe e do mantemento de instalacións eléctricas

SIMA03

Mecatrónica Industrial

2017/18

MP0935

Sistemas mecánicos

MP0936

Sistemas hidráulicos e pneumáticos

MP0937

Sistemas eléctricos e electrónicos

MP0940

Representación gráfica de sistemas mecatrónicos

2018/19

MP0938

Elementos de máquinas

MP0939

Procesos de fabricación

MP0942

Procesos e xestión de mantemento e calidade

MP0943

Integración de sistemas

2019/20

MP0941

Configuración de sistemas mecatrónicos

MP0944

Simulación de sistemas mecatrónicos

MP0946

Formación e orientación laboral

MP0947

Empresa e iniciativa emprendedora

MENA01

Redes e Estacións de Tratamento de Augas

2017/18

MP1560

Estacións de tratamento de augas

MP1562

Técnicas de mecanizado e unión

MP1563

Montaxe e posta en servizo de redes de auga

MP1565

Construción en redes e estacións de tratamento de auga

MP1567

Hidráulica e redes de auga

MP1570

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0310

Montaxe e mantemento de instalacións de auga

MP1559

Implantación en redes de auga

MP1561

Instalacións eléctricas en redes de auga

MP1564

Calidade da auga

MP1566

Mantemento de equipamentos e instalacións

MP1568

Mantemento de redes

MP1569

Empresa e iniciativa emprendedora

15016000

CIFP Compostela

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

2017/18

MP0173

Márketing turístico

MP0174

Dirección de aloxamentos turísticos

MP0176

Recepción e reservas

MP0179

Inglés

MP0182

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0171

Estrutura do mercado turístico

MP0172

Protocolo e relacións públicas

MP0175

Xestión do departamento de pisos

MP0177

Recursos humanos no aloxamento

MP0178

Comercialización de eventos

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0183

Empresa e iniciativa emprendedora

15026753

IES A Pontepedriña

SCOM03

Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

2017/18

MP0623

Xestión económica e financeira da empresa

MP0930

Políticas de márketing

MP0931

Márketing dixital

MP0933

Formación e orientación laboral

MP1010

Investigación comercial

2018/19

MP0179

Inglés

MP0625

Loxística de almacenamento

MP0626

Loxística de aprovisionamento

MP0926

Escaparatismo e deseño de espazos comerciais

MP0927

Xestión de produtos e promocións no punto de venda

MP0928

Organización de equipos de vendas

MP0929

Técnicas de venda e negociación

27003175

IES Val do Asma

SADG01

Administración e Finanzas

2017/18

MP0179

Inglés

MP0649

Ofimática e proceso da información

MP0650

Proceso integral da actividade comercial

MP0651

Comunicación e atención á clientela

MP0654

Contabilidade e fiscalidade

2018/19

MP0647

Xestión da documentación xurídica e empresarial

MP0648

Recursos humanos e responsabilidade social corporativa

MP0652

Xestión de recursos humanos

MP0653

Xestión financeira

MP0655

Xestión loxística e comercial

MP0656

Simulación empresarial

MP0658

Formación e orientación laboral

SHOT02

Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos

2017/18

MP0171

Estrutura do mercado turístico

MP0179

Inglés

MP0383

Destinos turísticos

MP0384

Recursos turísticos

MP0401

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0172

Protocolo e relacións públicas

MP0173

Márketing turístico

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0397

Xestión de produtos turísticos

MP0398

Venda de servizos turísticos

MP0399

Dirección de entidades de intermediación turística

MP0402

Empresa e iniciativa emprendedora

SIFC03

Desenvolvemento de Aplicacións Web

2017/18

MP0373

Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información

MP0484

Bases de datos

MP0485

Programación

MP0487

Contornos de desenvolvemento

MP0612

Desenvolvemento web en contorno cliente

MP0613

Desenvolvemento web en contorno servidor

MP0615

Deseño de interfaces web

2018/19

MP0483

Sistemas informáticos

MP0614

Despregamento de aplicacións web

MP0617

Formación e orientación laboral

MP0618

Empresa e iniciativa emprendedora

27020562

IES de Foz

SHOT04

Dirección de Cociña

2018/19

MP0497

Procesos de preelaboración e conservación en cociña

MP0499

Procesos de elaboración culinaria

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0507

Empresa e iniciativa emprendedora

2019/20

MP0498

Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña

MP0500

Xestión da produción en cociña

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

2017/18

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0509

Procesos de servizos en bar-cafetaría

MP0510

Procesos de servizos en restaurante

MP0514

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0180

Segunda lingua estranxeira

2019/20

MP0511

Sommelier

MP0512

Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración

27015773

IES Muralla Romana

SIMP01

Estética Integral e Benestar

2017/18

MP0745

Estética hidrotermal

MP0746

Depilación avanzada

MP0747

Masaxe estética

MP0750

Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal

MP0751

Dermoestética

MP0752

Cosmética aplicada a estética e benestar

2018/19

MP0744

Aparellos de estética

MP0748

Drenaxe estética e técnicas por presión

MP0749

Micropigmentación

MP0753

Tratamentos estéticos integrais

MP0755

Formación e orientación laboral

MP0756

Empresa e iniciativa emprendedora

27016455

IES Sanxillao

MHOT01

Cociña e Gastronomía

2017/18

MP0026

Procesos básicos de pastelaría e repostaría

MP0031

Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos

MP0046

Preelaboración e conservación de alimentos

MP0047

Técnicas culinarias

2018/19

MP0028

Sobremesas en restauración

MP0045

Ofertas gastronómicas

MP0048

Produtos culinarios

MP0049

Formación e orientación laboral

MP0050

Empresa e iniciativa emprendedora

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

MAGA04

Aproveitamento e Conservación do Medio Natural

2017/18

MP0404

Fundamentos agronómicos

MP0409

Principios de sanidade vexetal

MP0832

Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

MP0835

Produción de planta forestal en viveiro

MP0837

Maquinaria e instalacións forestais

MP0839

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0479

Control fitosanitario

MP0833

Aproveitamento do medio natural

MP0834

Conservación das especies cinexéticas e piscícolas

MP0836

Prevención de incendios forestais

MP0838

Uso público en espazos naturais

MP0840

Empresa e iniciativa emprendedora

27020793

CIFP Porta da Auga

MTMV03

Electromecánica de Maquinaria

2017/18

MP0456

Sistemas de carga e arranque

MP0714

Sistemas de suspensión e guía

MP0719

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0260

Mecanizado básico

MP0716

Sistemas de accionamento de equipamentos e apeiros

MP0717

Equipamentos e apeiros

MP0718

Circuítos eléctricos, electrónicos e de confortabilidade

2019/20

MP0452

Motores

MP0715

Sistemas de forza e detención

MP0720

Empresa e iniciativa emprendedora

MP0742

Sistemas auxiliares do motor diésel

32009131

IES Universidad Laboral

MTMV01

Carrozaría

2017/18

MP0254

Elementos amovibles

MP0256

Elementos fixos

MP0260

Mecanizado básico

2018/19

MP0255

Elementos metálicos e sintéticos

MP0258

Elementos estruturais do vehículo

MP0261

Formación e orientación laboral

2019/20

MP0257

Preparación de superficies

MP0259

Embelecemento de superficies

MP0262

Empresa e iniciativa emprendedora

32016285

IES de Vilamarín

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

2017/18

MP0173

Márketing turístico

MP0174

Dirección de aloxamentos turísticos

MP0176

Recepción e reservas

MP0179

Inglés

MP0182

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0171

Estrutura do mercado turístico

MP0172

Protocolo e relacións públicas

MP0175

Xestión do departamento de pisos

MP0177

Recursos humanos no aloxamento

MP0178

Comercialización de eventos

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0183

Empresa e iniciativa emprendedora

36020064

CIFP Carlos Oroza

SHOT01

Xestión de Aloxamentos Turísticos

2017/18

MP0173

Márketing turístico

MP0174

Dirección de aloxamentos turísticos

MP0176

Recepción e reservas

MP0179

Inglés

MP0182

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0171

Estrutura do mercado turístico

MP0172

Protocolo e relacións públicas

MP0175

Xestión do departamento de pisos

MP0177

Recursos humanos no aloxamento

MP0178

Comercialización de eventos

MP0180

Segunda lingua estranxeira

MP0183

Empresa e iniciativa emprendedora

SHOT04

Dirección de Cociña

2018/19

MP0497

Procesos de preelaboración e conservación en cociña

MP0499

Procesos de elaboración culinaria

MP0502

Gastronomía e nutrición

MP0503

Xestión administrativa e comercial en restauración

MP0504

Recursos humanos e dirección de equipos en restauración

MP0507

Empresa e iniciativa emprendedora

2019/20

MP0498

Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña

MP0500

Xestión da produción en cociña

SHOT05

Dirección de Servizos de Restauración

2017/18

MP0179

Inglés

MP0496

Control do aprovisionamento de materias primas

MP0501

Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias

MP0509

Procesos de servizos en bar-cafetaría

MP0510

Procesos de servizos en restaurante

MP0514

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0180

Segunda lingua estranxeira

2019/20

MP0511

Sommelier

MP0512

Planificación e dirección de servizos e eventos en restauración

36020362

IES de Valga

MFME02

Soldadura e Caldeiraría

2017/18

MP0007

Interpretación gráfica

MP0091

Trazado, corte e conformación

MP0092

Mecanizado

MP0093

Soldadura en atmosfera natural

MP0096

Formación e orientación laboral

2018/19

MP0006

Metroloxía e ensaios

MP0094

Soldadura en atmosfera protexida

MP0095

Montaxe

MP0097

Empresa e iniciativa emprendedora

36013448

CIFP Manuel Antonio

MTCP01

Confección e Moda

2017/18

MP0265

Patróns

MP0267

Corte de materiais

MP0269

Confección industrial

MP0272

Formación e orientación laboral

MP0275

Materiais téxtiles e pel

2018/19

MP0116

Principios de mantemento electromecánico

MP0264

Moda e tendencias

MP0268

Confección á medida

MP0270

Acabamentos en confección

MP0271

Información e atención á clientela

MP0273

Empresa e iniciativa emprendedora

36013771

IES Fermín Bouza Brey

SIMA03

Mecatrónica Industrial

2017/18

MP0935

Sistemas mecánicos

MP0936

Sistemas hidráulicos e pneumáticos

MP0937

Sistemas eléctricos e electrónicos

MP0940

Representación gráfica de sistemas mecatrónicos

2018/19

MP0938

Elementos de máquinas

MP0939

Procesos de fabricación

MP0942

Procesos e xestión de mantemento e calidade

MP0943

Integración de sistemas

2019/20

MP0941

Configuración de sistemas mecatrónicos

MP0944

Simulación de sistemas mecatrónicos

MP0946

Formación e orientación laboral

MP0947

Empresa e iniciativa emprendedora