Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17444

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2019, conxunta da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño de 2019 ao 30 de setembro de 2019, considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021.

A política cultural e turística do Goberno de Galicia demostrou que os recursos culturais poden converterse en produtos turísticos rendibles, sustentables, innovadores e xeradores de riqueza.

Os festivais profesionais privados xeran emprego e invisten no territorio, poñen en valor as industrias culturais e creativas, son factor de riqueza á vez que proxectan Galicia como destino musical, achegándolle visibilidade e atraendo visitantes.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en cumprimento da súa lei de creación, ten como obxectivo xenérico o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos eficientes e estables.

Pola súa parte, a Axencia Turismo de Galicia é a entidade pública instrumental creada de conformidade co Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, co obxectivo de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo, e é a entidade que ten encomendada a organización do Xacobeo 2021, evento declarado de excepcional interese.

Ambas entidades teñen pois como finalidade incrementar o posicionamento da industria cultural galega e o seu fomento e promoción, mellorando así a presenza internacional de Galicia así como a promoción do Xacobeo 2021.

Unha das fórmulas de promoción que mellor retorno sobre o investimento xeran é o patrocinio de grandes eventos de todas as índoles: culturais, artísticos, deportivos e outros. A razón pola cal os entes de promoción e os gobernos en xeral deciden apoiar economicamente este tipo de eventos é a importante repercusión mediática que xeran, de tal xeito que, en moitos casos, o investimento económico chega a multiplicarse de forma exponencial en función da importancia do evento.

É, polo tanto, necesario o apoio a aquelas actividades únicas que se desenvolvan dentro da Comunidade e que axuden a prestixiar o noso destino nacional e internacionalmente e sobre todo a promoción internacional dos nosos creadores.

Co obxectivo principal de promover a industria cultural galega, naceu o programa de apoio aos festivais de música baixo a marca Fest Galicia. Este proxecto ten por obxectivo crear valor engadido nos festivais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector. A marca acolle festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan de achegar valores engadidos á experiencia musical.

A vontade da Agadic e da Axencia Turismo de Galicia é que a participación nesta convocatoria de adhesión á marca Fest Galicia e para a formalización de contratos privados de patrocinio con entidades privadas organizadoras dos festivais estea suxeita aos principios de publicidade, transparencia, cooperación e eficiencia da utilización dos recursos públicos.

Con esta convocatoria preténdese apoiar os festivais xa consolidados que proxecten Galicia como destino musical dentro e fóra da Comunidade.

A convocatoria vai dirixida a entidades privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora de festivais e que non supoña un factor de competencia desleal no sector. A Axencia Turismo de Galicia realizará contratos de patrocinio privado da actividade que desenvolven que, pola súa importancia e relevancia en canto ao público que participa e a súa repercusión nos medios de comunicación, suporá unha gran repercusión e un bo retorno publicitario da nosa marca de festivais, da nosa marca turística e a difusión do Xacobeo 2021, ademais da difusión da campaña contra a violencia sexual en espazos públicos Agresión Off, eu digo non á violencia sexual, encadrada no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade).

A participación nesta convocatoria supón a aceptación dos termos e condicións establecidos e que se anexan a esta resolución.

A tramitación dos expedientes realizarase de acordo co establecido no anexo I (pregos de condicións xerais e técnicas do patrocinio) desta resolución.

Polo exposto, ambas as dúas entidades,

RESOLVEN:

Primeiro. Aprobar os pregos de condicións xerais e técnicas que deben rexer a adhesión á marca Fest Galicia e a tramitación dos expedientes de contratación que deriven das solicitudes de patrocinio con entidades privadas que organicen festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño de 2019 ao 30 de setembro de 2019, considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021 e serven de canle de difusión da campaña Agresión Off, eu digo non á violencia sexual.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución e dos anexos que a acompañan.

Terceiro. Esta resolución terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega
das Industrias Culturais

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I
Pregos de condicións xerais e técnicas que deben de rexer a adhesión á marca
Fest Galicia e a tramitación dos expedientes de contratación que deriven das solicitudes de patrocinios con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño de 2019 ao 30 de setembro de 2019, considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021 e serven de canle da campaña Agresión Off, eu digo non á violencia sexual

1. Ámbito obxectivo, tipoloxía e necesidade que se satisfai.

O obxecto desta convocatoria, pública e aberta, é ofrecer a posibilidade de adhesión de festivais de música á marca Fest Galicia e de realizar contratos privados de patrocinio para a celebración de festivais de música consolidados que se celebren entre o 1 de xuño de 2019 ata o 30 de setembro de 2019 e que xeren un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia, Xacobeo Galicia 2021 e difundan a campaña Agresión Off, eu digo non á violencia sexual, mellorando o posicionamento de Galicia como destino musical.

O ámbito territorial esténdese a toda Galicia.

A finalidade da realización da convocatoria é difundir a imaxe de Galicia vinculada á actividade desenvolvida polas entidades privadas e que, pola súa importancia e relevancia en canto o público que participe e a súa repercusión nos medios de comunicación, supoñan unha vía para dar publicidade ás marcas Fest Galicia, Xacobeo Galicia 2021 e para a difusión da campaña contra a violencia sexual Agresión Off.

Polo tanto, o elemento fundamental do contrato de patrocinio é a repercusión mediática para as marcas.

O obxectivo principal destes festivais é promover a industria cultural galega, creando valor engadido nos festivais musicais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector.

2. Ámbito subxectivo.

A convocatoria vai dirixida ás entidades privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora e conten cos seguintes requisitos:

– Que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2019.

– Que teñan realizado con anterioridade unha primeira edición.

– Que teñan un orzamento superior aos 100.000 euros (sen IVE) na edición de 2018.

– Que programen un mínimo de tres artistas por día durante, cando menos, dous días consecutivos.

– Que o 95 % da súa capacidade sexa cuberta por medio de entradas postas á venda ao público en xeral, conforme prezos medios de mercado.

– Que os promotores reúnan os requisitos de capacidade para contratar co sector público.

– Que implanten algunha medida preventiva ou coercitiva fronte a posibles impactos ambientais como medidas contra a xeración de residuos, emisións á atmosfera, xeración de ruídos, eficiencia enerxética, utilización de produtos reciclados ou reutilizados.

– Que cumpran a normativa básica en materia de espectáculos públicos e demais lexislación aplicable.

Esta convocatoria parte da base de que son os promotores do festival quen asume a organización, por iso, solicitan a achega para apoiar a súa celebración, xa que consideran que pode ter repercusión na estratexia cultural e turística e que a achega pública mellora a rendibilidade, en concepto de imaxe e notoriedade.

No suposto de entidades que xestionen diversos festivais, deben presentar unha solicitude para cada evento concreto para o cal soliciten o patrocinio.

Serán de conta do patrocinado a obtención das oportunas autorizacións, permisos e licenzas, así como a obtención dos dereitos derivados da propiedade intelectual xerados como consecuencia da execución dos festivais, e correrá pola súa conta o aboamento de tales dereitos e responderán fronte aos titulares pola súa utilización ilexítima. É tamén responsabilidade do adxudicatario o aboamento do pagamento dos seus dereitos de propiedade intelectual aos autores ou entidades de xestión que os representen.

3. Requisitos e acreditación da solvencia.

1. Como requisito de solvencia económica ou financeira, os solicitantes deberán dispoñer dun seguro de indemnización por riscos profesionais, vixente ata a finalización do prazo de presentación de ofertas, por importe igual ou superior a 35.000 euros.

A acreditación deste requisito efectuarase ben por medio do certificado expedido polo asegurador, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro; ou ben mediante un compromiso vinculante de subscrición, no caso de asinarse o patrocinio, do seguro exixido, garantindo o mantemento da cobertura do dito seguro durante toda a execución do contrato, mediante un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, nos casos en que proceda.

2. Como requisito de solvencia técnica, os solicitantes deberán dispoñer de experiencia na prestación de servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato.

A solvencia técnica acreditarase pola realización de polo menos un traballo consistente na organización de festivais musicais durante os últimos dous anos e por un importe acumulado polo menos igual ou superior aos 100.000 euros (sen IVE), indicando o importe, a data e os destinatarios.

4. Orzamento da convocatoria.

Esta convocatoria ten un orzamento total máximo de 350.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.640.0 dos orzamentos xerais da Axencia Turismo de Galicia para o ano 2019, dos que:

– 285.000 euros se realizarán con cargo ao proxecto 2018 00002.

– 65.000 euros se realizarán con cargo ao proxecto 2019 00001, contía transferida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia á Axencia Turismo de Galicia. Estes fondos proveñen do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade) para o patrocinio da campaña de información e sensibilización fronte á violencia sexual en espazos públicos: Agresión Off, eu digo non á violencia sexual.

Co fin de optimizar os recursos existentes, e para poder realizar unha asignación máis equitativa, establécese un importe máximo do prezo do patrocinio por entidade de 35.000 euros (con IVE), cun valor estimado de 28.925 euros que se modulará conforme as seguintes contraprestacións:

1. Contraprestacións mínimas:

O patrocinado deberá ofrecer como mínimo as seguintes contraprestacións:

• Espazo para a presenza nun lugar destacado dun stand das marcas Fest Galicia, Xacobeo Galicia 2021, dun mínimo de 15 m2 no que se desenvolvan actividades no festival e no que se difunda a campaña Agresión Off, eu digo non á violencia sexual a través de soportes visibles que recollan algunha ou todas as mensaxes do decálogo contra a violencia sexual.

• Presenza das marcas na publicidade do festival, en medios e nas accións de promoción e comunicación: cartelaría, roldas de prensa, materiais audiovisuais, anuncios...

• Posta á disposición de 10 abonos/entradas para sorteo en redes sociais.

A contía do patrocinio polas contraprestacións mínimas recollidas neste punto poderá alcanzar ata un máximo de 21.000 euros e determinarase conforme a repercusión mediática do ano anterior e os seguintes criterios:

Asistentes con entradas de pagamento totais en 2018

Máximo 8.000 €

Máis de 50.000

8.000 €

Entre 20.000 e 49.999

Ata 4.000 €

Entre 6.000 e 19.999

Ata 2.000 €

Ata 5.999

Ata 1.000 €

Retorno económico en Galicia en 2018

Máximo 5.000 €

Máis de 800.000 euros

5.000 €

Entre 400.000 e 799.999 euros

Ata 3.000 €

Entre 50.000 e 399.999 euros

Ata 2.000 €

Seguidores en redes sociais en 2018

Máximo 4.000 €

Máis de 100.000

4.000 €

Entre 25.000 e 99.999

Ata 2.000 €

Entre 9.000 e 24.999

Ata 1.000 €

Premios ou recoñecementos de ámbito europeo de recoñecido prestixio

Máximo 4.000 €

2. Elementos publicitarios ofrecidos que deben incluír sempre a produción dos materiais necesarios, cun máximo de 18.000 euros:

Elementos publicitarios

Máximo 18.000 €

Naming escenario Fest Galicia e/ou Xacobeo Galicia 2021

Ata 9.000 €

Presenza de banner na web oficial

Ata 3.000 €

Publicidade en pulseiras Fest Galicia (mínimo) e outros soportes non convencionais

Ata 4.000 €

Publicidade da campaña Agresión Off, eu digo non á violencia sexual en soportes non convencionais (bolígrafos, camisetas, chapas, marca páxinas...)

Ata 2.000 €

En todos os casos, os importes a que se fai referencia neste punto inclúen os impostos.

5. Solicitude e forma de presentación da documentación.

5.1. Os solicitantes deben presentar a seguinte documentación:

– Solicitude de adhesión á marca Fest Galicia e de patrocinio, segundo o modelo do anexo II (fóra do sobre A, onde se realizará o rexistro da Axencia Turismo de Galicia), á cal deberá xuntarse a seguinte documentación:

– Documentación administrativa (sobre A).

– Documentación técnica (sobre B).

Os dous sobres deberán presentarse pechados, asinados e independentes. No exterior de cada sobre debe identificarse o nome e os apelidos ou razón social, número de teléfono, correo electrónico, e nome do festival polo que se solicita a adhesión á marca Fest Galicia e o patrocinio.

O prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude dirixirase á Axencia Turismo de Galicia, segundo o modelo do anexo II, no cal se recolle un formulario cos seguintes datos:

– Nome comercial da entidade privada.

– Nome fiscal da entidade privada e CIF.

– Datos de contacto da entidade.

– Datos de contacto do representante legal do solicitante, correo electrónico.

– Nome do festival.

– Número de edicións celebradas.

– Datas de celebración e artistas programados por día.

– Lugar onde se desenvolve o festival.

– Orzamento total do festival con e sen IVE.

– Contía solicitada.

O envío da solicitude por si soa sen os sobres constituirá causa de inadmisión da citada solicitude.

O lugar de presentación é a Oficina do Rexistro Auxiliar da Axencia Turismo de Galicia (estrada Santiago-Noia, km 3, A Barcia, 15897 Santiago de Compostela, A Coruña).

Como alternativa á presentación no rexistro, o solicitante poderá enviar as propostas por correo postal. Neste caso, o solicitante deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos (será requisito indispensable que se trate dunha oficina de Correos prestadora do servizo postal universal) e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax, burofax ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos non será admitida a proposta se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data en que finaliza o prazo sinalado no anuncio.

O correo electrónico para anunciar a remisión por correo da solicitude é o seguinte: contratacion-turismo.cpr@xunta.es

Non obstante, transcorridos dez días naturais seguintes á data indicada sen recibirse a proposta, esta non será admitida en ningún caso.

Unha vez remitida a proposición por correo, non poderá ser retirada.

Non se aceptarán como entrada as solicitudes ou documentación que fosen enviadas por correo electrónico.

5.2. Documentación administrativa (sobre A). Documentación relacionada coa entidade solicitante:

5.2.1. DEUC, documento europeo único de contratación que confirma que o operador económico cumpre as condicións seguintes:

– Cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

– Que non se encontra en ningunha das situacións de exclusión ou posible exclusión previstas na normativa de contratos (prohibicións de contratar).

– Que cumpre os criterios de selección pertinentes (os criterios de solvencia).

Pode accederse ao formato electrónico en:

https://ec.europa.eu/growth/tools-databases/espd/filter?lang=es. O formulario, dispoñible en castelán, poderá, nese sitio, cubrirse e imprimirse para enviar ao órgano de contratación xunto co resto da oferta.

Tamén pode accederse ao formulario DEUC na web da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, na epígrafe da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, en formato odt:

– Versión en galego: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-decontratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

– Versión en castelán: http://www.conselleriadefacenda.es/é/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-decontratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

Para facilitar a súa elaboración, pode consultar as instrucións para completar o formulario DEUC no anexo III.

5.2.2. Declaración complementaria ao DEUC que figura como anexo IV desta resolución.

5.2.3. Memoria que acredite as razóns técnicas ou artísticas ou os motivos polos que só poida encomendarse a un empresario determinado para xustificar a non competencia por razóns técnicas de conformidade co establecido no artigo 168.a).2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

5.3. Documentación técnica (sobre B):

Os solicitantes terán que entregar o anexo V co resumo da súa proposta técnica onde especificarán cales serían as contraprestacións das relacionadas no punto 4 destes pregos, así como calquera outra documentación complementaria á súa proposta técnica.

6. Procedemento administrativo de adxudicación.

Constituirase unha comisión técnica e de negociación formada pola xerente da Axencia Turismo de Galicia, a xefa da Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia e un técnico da Axencia Galega de Industrias Culturais, que se encargarán da revisión das propostas.

6.1. Fase administrativa, revisión da documentación administrativa.

A Comisión Técnica e de Negociación examinará a documentación administrativa correspondente ao sobre A.

No caso de que sexa necesaria a emenda dalgún documento de carácter administrativo, requiriráselle á entidade interesada a documentación administrativa que falte, concedéndolle un prazo de tres días hábiles para a presentación da documentación requirida, coa advertencia expresa de que, en caso de non facelo así, se considerará desistida e arquivarase a súa solicitude, segundo o que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015.

O requirimento da documentación realizarase por medios electrónicos, de forma que quedará constancia no expediente.

6.2. Fase técnica: revisión da documentación técnica.

Unha vez finalizada a revisión da documentación administrativa, a Comisión levará a cabo a revisión da proposta técnica de todos aqueles solicitantes que presentasen correctamente a documentación administrativa ou a emendasen de xeito correcto, para determinar o cumprimento ou non dos requisitos técnicos exixidos de acordo co que se establece nestes pregos.

Unha vez revisado que a proposta se axusta ás bases da convocatoria, a Comisión daralle traslado dos resultados ao órgano de contratación, xunto co expediente correspondente á fase de negociación e un informe técnico, emitido por un técnico da Agadic, coa valoración das ofertas presentadas.

6.3. Adxudicación e formalización do patrocinio.

Unha vez aceptada a proposta da Comisión, a Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia requirirá aos interesados para que dentro do prazo de 10 días hábiles, presenten a documentación acreditativa do cumprimento de requisitos previos:

• A personalidade xurídica do empresario e, se for o caso, a súa representación. Con todo, o órgano de contratación poderá requirir a achega de documentación complementaria se é necesaria para acreditar que o obxecto social da empresa é adecuado ao obxecto do contrato.

• Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.

• Documentación xustificativa de atoparse ao día no cumprimento das obrigacións tributarias (coa Facenda estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e de estar dadas de alta no imposto sobre actividades económicas), e de atoparse ao día no cumprimento das obrigacións coa Seguridade Social. Esta documentación deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se teñan oposto expresamente á súa consulta pola Axencia Turismo de Galicia.

O órgano de contratación realizará a adxudicación do contrato privado e posterior formalización do contrato no cal constarán as obrigacións de ambas as partes, as contraprestacións que recibirá a Axencia Turismo de Galicia e a forma de xustificar o patrocinio en función das características do festival.

No contrato especificaranse as condicións para o uso das marcas e constará expresamente a cesión á Axencia Turismo de Galicia e á Agadic da imaxe do festival para usos non comerciais.

Este contrato terá que asinarse no prazo máximo dun mes desde a adxudicación do contrato e sempre antes do inicio do festival. En caso contrario, a Axencia Turismo de Galicia poderá resolver non levalo a cabo.

O patrocinado facilitará o seguimento e control do contrato asinado e, concretamente, da presenza das marcas en todos os medios e materiais que se establezan no contrato.

As marcas de Fest Galicia, Xacobeo Galicia 2021 e da campaña Agresión Off, eu digo non á violencia sexual, acompañada do logotipo da Xunta de Galicia e do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, poderán figurar tanto nos elementos de promoción previa ao proxecto ou acción como nos da promoción que levará a cabo durante o desenvolvemento do proxecto ou na repercusión posterior aos diferentes medios de comunicación.

No caso de que a Axencia Turismo de Galicia ou a Agadic comunicasen discrepancias respecto á aplicación das marcas, a entidade comprométese a realizar as actuacións necesarias de alteración ou rectificación necesarias.

7. Xustificación e pagamento.

A xustificación técnica do festival terase que presentar con anterioridade á presentación da factura.

A achega da Axencia Turismo de Galicia farase efectiva unha vez finalizada a acción obxecto de patrocinio e coa presentación por parte da entidade dunha memoria xustificativa da acción realizada. Este documento terá que ir acompañado dunha declaración responsable do gasto efectivamente efectuado do proxecto.

A entidade terá que acreditar, en calquera caso, o cumprimento das obrigas do contrato de patrocinio mediante a seguinte documentación:

A) En soporte papel unha relación da documentación entregada debidamente asinada conforme o anexo VI desta resolución.

B) En soporte dixital:

1. Declaración responsable do gasto efectivamente efectuado do festival, de que os datos e documentos referidos á xustificación son certos e que o festival se levou a cabo segundo se describe na memoria, cumprindo, por tanto, co fin que serviu de fundamento para a realización do contrato privado de patrocinio.

2. A relación da documentación entregada asinada en formato pdf.

3. Un dosier explicativo e xustificativo que inclúa:

a) Memoria do proxecto. Datas de celebración, artistas participantes, número de asistentes, medidas ambientais...

b) Reportaxe fotográfica (preferiblemente en alta resolución) do proxecto.

c) Investimento no Naming escenario Fest Galicia e/ou Xacobeo Galicia 2021 e nas restantes contraprestacións acordadas no contrato de patrocinio.

d) Resumo da repercusión mediática: clipping con valor económico equivalente e investimento publicitario en medios (soportes impresos: revistas e prensa escrita; radio e televisión; anuncios exteriores, soportes en liña, web propia e outros, audiovisuais e en liña), co valor económico equivalente ou calquera outro sistema de medición do impacto comunicativo.

e) Folletos, flyers, guías, catálogos, pósteres, mapas, entradas, pulseiras, camisetas, gorras, bolsas, merchandising,...

Acreditar o material cun orixinal, achegando a factura onde se detalle a cantidade producida. En caso de non dispoñer de orixinais, fotografías ou fotocopias.

f) Para acreditar a presenza en presentacións e roldas de prensa para promocionar o festival, entregar fotografías onde aparezan os representantes que asistiron e os gastos ocasionados.

Unicamente se terán en conta as xustificacións publicadas/emitidas desde a data de presentación da solicitude á Axencia Turismo de Galicia ata a entrega da documentación xustificativa, sempre que vaian dirixidas a promocionar o proxecto patrocinado.

Os patrocinados terán que numerar cada unha das accións promocionais/publicitarias que se presenten. Tamén terán que facer corresponder a mesma numeración coa documentación acreditativa relativa ao concepto descrito.

4. O material audiovisual (preferiblemente en alta resolución) realizado durante o desenvolvemento do proxecto patrocinado.

A aceptación do patrocinio implica que o material gráfico, fotográfico e audiovisual presentado nas xustificacións poderá ser utilizado pola Axencia Turismo de Galicia e a Agadic para a súa difusión e uso en actividades estratéxicas.

O valor económico da repercusión mediática do patrocinio debe ser igual ou superior á cantidade outorgada pola Axencia Turismo de Galicia. No caso de que o valor económico da repercusión mediática sexa inferior, só se aboará a cantidade proporcional equivalente ao xustificado.

Non se procederá ao pagamento ao patrocinado ata que non se cumpra coa presentación da xustificación e esta sexa conformada pola Agadic.

A xustificación deberase presentar no rexistro nos 30 días naturais posteriores á finalización do proxecto.

A Axencia Turismo de Galicia resérvase a potestade de realizar a posteriori unha comprobación por mostraxe da xustificación económica.

En todo caso, a forma de presentar a xustificación das accións realizadas incluirase no contrato que se formalice, adaptándoa á tipoloxía do festival.

Unha vez validada a xustificación técnica, a Área de Contratación comunicarallo ao adxudicatario para a presentación da factura correspondente.

8. Resolución do patrocinio.

O contrato extinguirase pola súa resolución, acordada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

a) A falsidade dos datos achegados.

b) A extinción da personalidade xurídica de calquera das partes.

c) O acordo mutuo das partes.

d) O incumprimento total ou parcial de todas ou algunha das condicións xerais e particulares pactadas.

e) A realización por parte do patrocinado de actuacións que a xuízo da Axencia Turismo de Galicia sexan contrarias aos obxectivos e á finalidade da Axencia Turismo de Galicia e Agadic.

9. Protección de datos.

De conformidade co establecido no Regulamento (UE) nº 2016/769 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), os solicitantes quedan informados e aceptan que os datos persoais facilitados consecuencia da presente convocatoria, así como todas aquelas que se deriven da tramitación, xestión, mantemento e/ou facturación dela unha vez outorgado o patrocinio, serán tratados pola Agadic e a Axencia Turismo de Galicia de acordo coas finalidades expostas nas presentes condicións.

Os solicitantes responsabilízanse da veracidade e a exactitude dos datos persoais comunicados e autorizan a recollida e o tratamento destes para as finalidades mencionadas.

Así mesmo, os solicitantes obríganse ao cumprimento do establecido na normativa en materia de protección de datos vixente, o RXPD, en relación cos datos persoais aos que teña acceso durante a vixencia dos contratos que se realicen no desenvolvemento e execución desta convocatoria.

Os datos persoais dos solicitantes a que Agadic e a Axencia Turismo de Galicia poidan acceder e tratar non se comunicarán a terceiros excepto naqueles casos en que a lei o determine e serán conservados mentres se manteña a relación contractual, durante os prazos normativamente establecidos e/ou ata a prescrición das accións legais que puidesen derivar.

Os solicitantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do trato e portabilidade dos datos na forma legalmente prevista mediante escrito dirixido á Agadic e á Axencia Turismo de Galicia.

10. Confidencialidade.

Calquera información confidencial revelada pola Axencia Turismo de Galicia á entidade coa que se formalicen patrocinios obxecto desta convocatoria durante a súa vixencia, manterase con carácter estritamente confidencial para o receptor, que se comprometerá a utilizar esta información unicamente para a finalidade para a que lle foi revelada polo emisor, excepto imperativo legal.

O receptor protexerá a información confidencial do emisor contra calquera uso non autorizado ou revelación a terceiros, da mesma maneira que protexe a súa información confidencial. O acceso a esta información quedará restrinxido só a aqueles empregados da entidade colaboradora que deban coñecelo para cumprir co proxecto para desenvolver.

11. Réxime xurídico aplicable.

De acordo co establecido no artigo 26.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que considera como regra xeral os patrocinios como un contrato privado, deben rexerse en canto á preparación e adxudicación, en defecto de normas específicas, para a sección 1ª e 2ª do capítulo I do título I do libro II desta lei, e nas disposicións de desenvolvemento, aplicándose supletoriamente as restantes só de dereito administrativo ou, se procede, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade contratante. En canto aos seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado.

12. Notificación electrónica.

Segundo a disposición adicional décimo quinta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, a práctica das notificacións e comunicacións farase por medios exclusivamente electrónicos.

Estas notificacións realizaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal (https://notifica.xunta.gal). Para poder acceder a unha notificación electrónica, o interesado deberá contar cun certificado electrónico asociado ao NIF que figure como destinatario da notificación (persoa física ou xurídica). Así mesmo, o interesado pode autorizar calquera outra persoa a acceder ao contido das súas notificacións.

missing image file

ANEXO III

Orientacións para cubrir o DEUC

Para facilitar a formalización por parte das empresas do modelo de formulario normalizado do DEUC que establece o anexo II do Regulamento (UE) nº 2016/7, formúlanse a continuación as seguintes orientacións:

a) De conformidade co establecido na parte II, sección A, quinta pregunta, dentro do punto titulado «Información xeral», do formulario normalizado do DEUC, as empresas que figuren inscritas nunha «lista oficial de operadores económicos autorizados» só deberán facilitar en cada parte do formulario aqueles datos e informacións que, no seu caso concreto, non estean inscritos nestas «listas oficiais». Así, en España as empresas non estarán obrigadas a facilitar aqueles datos que xa figuren inscritos de maneira actualizada no rexistro de licitadores que corresponda, xa sexa no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado (Rolecsp) ou o Rexistro Xeral de contratistas de Galicia (RXC-Galicia) co alcance previsto no artigo 339 da LCSP, coa condición de que as empresas inclúan no formulario normalizado do DEUC a información necesaria para que o órgano de contratación poida realizar o acceso correspondente (enderezo da internet, todos os datos de identificación e, se é o caso, a necesaria declaración de consentimento).

Para o caso de que a empresa se atope inscrita no Rolecsp ou no RXCG, a seguir esta recomendación indica, respecto de cada unha das partes do formulario, que datos son susceptibles de figurar inscritos nos rexistros e cales non. Dado que algúns destes datos deben ser subministrados, en todo caso, pola empresa e outros son voluntarios, limitarémonos a sinalar en cada caso se os datos que reclama o formulario son ou non son potencialmente inscribibles, e a empresa debe asegurarse de cales efectivamente están inscritos e actualizados e cales non están inscritos ou, de estaren, non están actualizados, no seu caso concreto.

b) O acceso por parte dos órganos de contratación aos rexistros de licitadores, así mesmo, ten o efecto establecido no artigo 59.5 DN. Así, aínda que, de acordo co artigo 59.4 DN con carácter xeral o órgano de contratación poderá requirir aos candidatos e licitadores durante a substanciación do procedemento de contratación e para garantir o seu bo desenvolvemento para que acheguen documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos de acceso á licitación, e con carácter previo á adxudicación o primeiro deberá exixir ao adxudicatario a presentación destes documentos xustificativos; o artigo 59.5 DN matiza o establecido no punto anterior do mesmo artigo ao eximir os licitadores e candidatos de presentar aqueles documentos xustificativos que proben informacións que poidan ser acreditadas mediante unha certificación expedida polo ... de licitadores que corresponda [Rolecsp ou RXC-Galicia].

• Parte I.

Recolle a información sobre o procedemento de contratación e sobre o órgano de contratación.

A súa formalización non reviste complexidade xa que todos os datos constan no anuncio ou nas plataformas de contratación.

• Parte II.

Recolle información sobre a empresa interesada.

Como xa se indicou, aquelas empresas que figuren inscritas nun rexistro de licitadores só deberán facilitar nesta parte II do formulario aquela información que non figure inscrita neles ou que, aínda estando inscrita, a información non conste de maneira actualizada. Por iso a continuación segue un cadro que, a modo orientativo, indica que información ou datos poderían estar inscritos e cales non, coa finalidade de que as empresas saiban:

– Que datos deberán ser achegados mediante o formulario normalizado DEUC, en todo caso, por non figuraren en poder do Rolece ou RXCG.

– Que datos son susceptibles de estar inscritos no Rolece ou RXCG e, por tanto, poderían deixarse sen cubrir no formulario.

Correspóndelle á empresa comprobar se no seu caso concreto eses datos ou informacións efectivamente están inscritos nos rexistros e, se o están, deberá asegurarse de que constan nel de maneira actualizada.

Parte II. Información sobre o operador económico.

Sección

É un/unha dato/información susceptible de estar inscrito/a no Rolece ou RXCG?

Sección A

Identificación

Os datos incluídos neste punto deben ser cubertos pola empresa.

Como número de IVE deberase recoller o NIF cando se trata de cidadáns ou empresas españois, o NIE cando se trata de cidadáns residentes en España, e o VIES ou DUNS cando se trata de empresas estranxeiras.

Información xeral:

Se é o caso, figura o operador económico inscrito nunha lista oficial de operadores económicos autorizados ou ten un certificado equivalente (por exemplo, no marco dun sistema nacional de (pre)clasificación)?

Si � Non � Non procede � Rolecesp �

En caso afirmativo:

– Rexistro en que está inscrito e número de inscrición

� Rexistro Xeral de Contratistas da C.A. de Galicia

� Rolecesp: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación abonda con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

� Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Certificación en formato electrónico

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

Si � Non �

Indicar grupo, subgrupo e categoría da clasificación do contratista

Coa clasificación cúmprense todos os criterios de selección? En caso negativo, cubra a parte IV deste formulario (seccións A, B, C ou D, segundo proceda.

Si � Non �

Poderá a empresa presentar un certificado respecto ao cumprimento coas obrigas coa Seguridade Social e impostos que permita ao poder adxudicador obtelo directamente a través dunha base de datos nacional de calquera Estado que poida consultarse gratuitamente?

Dispoñible en formato electrónico

Poñer enderezo da páxina web, autoridade ou organismo expedidor e referencia exacta da documentación

� Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Forma de participación.

Está participando o operador económico no procedemento de contratación xunto con outros?

Si � Non �

En caso afirmativo:

b) Identifíquense os demais operadores económicos que participan no procedemento de contratación conxuntamente

Identificar con NIF, NIE, VIES ou DUNS de la empresa.

No caso de estar nalgún dos rexistros de licitadores, indicar:

� Rolecsp: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación abonda con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

� Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Na parte II, na letra B, denominado Información sobre os representantes do operador económico, a sección dedicada á representación non é necesario que sexa cuberta se o licitador está no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección B

– Representación.

Nome e apelidos:

Cargo:

Enderezo postal:

Teléfono:

Correo electrónico:

Información sobre representación (forma, alcance, finalidade…)

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

• Parte III.

Relativa aos motivos de exclusión.

Dado que o formulario normalizado do DEUC non recolle ningunha referencia á nosa lexislación, para facilitar a adecuada formalización por parte das empresas desta parte do formulario a continuación segue unha táboa de equivalencias entre cada unha das preguntas que deben responder as empresas, os artigos da DN e, por último, os artigos da nosa LCSP que deron transposición ao artigo 57 DN.

Nótese que España traspuxo a regulación das prohibicións de contratar que establece a DN mediante a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, que modificou a regulación desta materia no TRLCSP, concretamente dando nova redacción aos artigos 60 e 61 e creando ex novo o artigo 61 bis, polo que, con carácter xeral, nesta materia non procede falar de efecto directo senón de mera aplicación de normas nacionais.

Dado que non todas as prohibicións para contratar están inscritas no Rolecsp e/ou RXCG, as empresas deberán responder a todas as preguntas que se formulan nesta parte III do formulario normalizado do DEUC.

Táboa de equivalencias relativa á parte III do DEUC:

Parte III

Nº de sección

DN

TRLCSP

Sección A

Artigo 57.1

Artigo 71.1.a) (excepto os delictos contra a Facenda pública e a Seguridade Social relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Sección B

Artigo 57.2

Artigo 71.1:

Letra a) (cando se trate de delitos contra a Facenda pública ou contra a Seguridade Social, relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Letra d), primeiro parágrafo, primeiro inciso.

Letra f) (cando se trate de sancións administrativas firmes impostas conforme a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria).

Sección C

Primeira pregunta

Artigo 57.4.a)

Artigo 71.1.b) (cando non sexa infracción moi grave en materia profesional ou en materia de falseamento da competencia).

Artigo 71.1.d) primeiro parágrafo, segundo inciso (no relativo ao incumprimento do requisito do 2 % de empregados con discapacidade).

Segunda pregunta

Artigo 57.4.b)

Artigo 71.1.c).

Terceira pregunta

Artigo 57.4.c)

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia profesional).

Cuarta pregunta

Artigo 57.4.d)

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia de falseamento da competencia).

Quinta pregunta

Artigo 57.4.e)

Artigo 71.1.g) e h).

Sexta pregunta

Artigo 57.4.f)

Artigo 70.

Sétima pregunta

Artigo 57.4.g)

Artigo 71.2, letras c) e d).

Oitava pregunta

Letras a), b) e c)

Artigo 57.4.h)

Artigo 71.1, letra e) e 60.2, letras a) e b).

Letra d)

Artigo 57.4.i)

Artigo 71.1.e).

Sección D

-----------------

Artigo 71.1.f) (cando se trate de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

D: outros motivos de exclusión que poden estar previstos na lexislación nacional do Estado membro do poder adxudicador.

Declaróuselle a prohibición para contratar imposta en virtude de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións?

Se é afirmativo, especifíquese

Si � Non �

………………….....................................................................

Se e afirmativo, adoptou medidas autocorrectoras?

Si � Non �

Describir as medidas:

………………….....................................................................

• Parte IV. Criterios de selección.

Relativa aos criterios de selección.

Convén destacar, respecto da parte IV, que os poderes e entidades adxudicadores poderán limitar a información requirida sobre os criterios de selección a unha soa pregunta, é dicir, se os operadores económicos cumpren ou non todos os criterios de selección necesarios.

Nese caso bastará responder SI ou NON no punto titulado «Indicación global relativa a todos os criterios de selección», polo que non será necesario completar os puntos seguintes:

a) Idoneidade.

b) Solvencia económica e financeira.

c) Capacidade técnica e profesional.

d) Sistemas de aseguramento da calidade e normas de xestión ambiental.

• Parte V.

Relativa aos criterios para reducir o número de candidatos a que se convidará a presentar oferta.

O empresario deberá cubrir esta parte unicamente cando se trate de procedementos restrinxidos, negociados con publicidade e de diálogo competitivo.

• Parte VI.

Relativa ás declaracións finais.

Esta parte debe ser cuberta e asinada pola empresa interesada en todo caso.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Relación de documentación presentada

Nome do festival:

Entidade solicitante:

Importe adxudicado pola Axencia Turismo de Galicia (impostos incluídos):

Data de presentación da solicitude:

Data de presentación da documentación xustificativa:

Nome e apelidos: DNI:

EXPOÑO:

En representación da entidade de referencia, e mediante a entrega do presente documento e os seus adxuntos, fago entrega da xustificación relativa ao contrato de patrocinio.

Relación da documentación entregada:

A. En soporte papel:

� O presente anexo Relación da documentación entregada cuberto e asinado.

B. En soporte dixital:

� Declaración responsable do gasto efectivamente efectuado do festival.

� O presente anexo Relación da documentación entregada cuberta en formato Excel ou o presente anexo Relación da documentación entregada asinado en formato pdf.

� Dosier explicativo e xustificativo.

O dosier debe incluír a seguinte documentación:

a) Memoria do proxecto.

b) Reportaxe fotográfica (en alta resolución) do proxecto.

c) Investimento no Naming escenario Fest Galicia e/ou Xacobeo Galicia 2021 e nas restantes contraprestacións acordadas no contrato de patrocinio.

d) Resumo da repercusión mediática: clipping con valor económico equivalente e investimento publicitario en medios (impresos, audiovisuais e online) co valor económico equivalente. Tamén pode xustificarse a repercusión a través de calquera outro sistema de medición do impacto comunicativo.

Unicamente se terán en conta as xustificacións publicadas/emitidas desde a data de presentación da solicitude na Axencia Turismo de Galicia ata a entrega da documentación xustificativa, sempre que vaian dirixidas a promocionar o proxecto patrocinado.

Os patrocinados terán que numerar cada unha das accións promocionais/publicitarias que se presenten. Tamén terán que facer corresponder a mesma numeración coa documentación acreditativa relativa ao concepto descrito.

• Soportes impresos: revistas e prensa escrita.

Noticias: acreditar con recompilación de recortes de prensa orixinal ou fotocopia da páxina completa onde quede constancia do medio de comunicación e a data da súa publicación.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e data de publicación. Na súa falta, orixinal completo da publicación ou factura.

Núm.

Nome do medio de comunicación

Formato*

Data de publicación

Anuncio: inclúe marca/logo/mención

Descrición documentación acreditativa

Observacións

Valoración entidade

* Indicar o formato da publicación. Exemplo: cor-laborable-páxina impar. Exemplo: B/N Domingo-módulo 4×3-par.

• Radio e televisión:

Noticias: acreditar con copia en soporte dixital a emisión da noticia, ademais de cubrir e asinar este anexo.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou a duración, data e franxa horaria da inserción. Na súa falta, factura da inserción.

• Anuncios exterior: valados, autobuses, marquesiñas, mupis….

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e período de visibilidade. Na súa falta, factura da inserción.

• Soportes en liña: revistas e prensa en liña:

Noticias: acreditar con recompilación de recortes de prensa (captura de pantalla) onde quede constancia do medio de comunicación e a data da súa publicación.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e data de publicación. Na súa falta, factura da inserción.

* Indicar o formato da publicación: exemplo: robapáxinas 300×300 portada. Exemplo: banner, megabanner 980×90 rotación.

• Redes sociais e xestores de contidos: Facebook, Twitter, Instagram, YouTube, retransmisión en streaming

Noticias/información: entregar todas as publicacións (post, tuit, publicacións…) realizadas no medio, ademais dos seguintes datos, segundo a rede social que se xustifique.

Entregar copia do informe que xera a mesma ferramenta da rede social.

– Facebook e Twitter: indicar o alcance ou impresións do período de tempo seleccionado, que poderá ser, como máximo, desde a presentación da solicitude á Axencia Turismo de Galicia ata a data de presentación da documentación xustificativa.

– Instagram, YouTube, retransmisión en streaming fóra de redes sociais: indicar o sumatorio do número global de impresións ou visualizacións en relación a todas as publicacións/retransmisións que fagan referencia ao acontecemento/proxecto.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción. Na súa falta, factura da inserción.

• Web propia do proxecto:

Entregar impresión do front page onde se visualice as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021.

Como norma xeral calcularase CPM 96 euros por cada web propia do proxecto. No caso de querer xustificar máis de 1.000 impactos é necesario presentar un informe obtido a través dunha plataforma de control (exemplo: Google Analitycs) onde se detalle o número de usuarios únicos obtidos.

• Outros: folletos, flyers, guías, catálogos, pósteres, mapas, entradas, camisetas, gorras, bolsas, merchandising, imaxe permanente na pantalla ou bandeirolas (rollers) na mesma sala/escenario/localización, imaxe na pantalla antes e despois da actividade ou bandeirolas (rollers) na mesma sala/escenario, lonas, rollers, etc.

Acreditar o material con dous orixinais achegando a factura onde se detalle a cantidade producida. En caso de non dispoñer de orixinais, fotografías ou fotocopias.

Valoración total entidade

Observacións:

d) Material gráfico e audiovisual (preferiblemente en alta resolución) realizado durante o desenvolvemento do proxecto patrocinado

Observacións:

Segundo se indica nas bases «o valor económico da repercusión mediática do patrocinio ten que ser igual ou superior á cantidade outorgada pola Axencia Turismo de Galicia».

No caso de que a repercusión mediática sexa inferior, só se aboará a cantidade proporcional equivalente á xustificada.

O festival recibiu as seguintes axudas ou patrocinios:

Nome da entidade

Importe recibido (impostos incluídos)

• Declaración responsable:

Declaro que os datos contidos neste documento e dos anexos que se achegan, referidos á xustificación correspondente ao expediente, son certos, e que o proxecto/acción se levou a cabo segundo se describe na memoria, cumprindo, por tanto, co fin que serviu de fundamento para asinar o contrato privado de patrocinios de referencia.

E para que conste, para os efectos oportunos, ante a Axencia Turismo de Galicia, expido e asino este documento.

Lugar e data

Nome do representante legal da entidade patrocinada

NIF