Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Paraño Oeste, así como a das súas infraestruturas de evacuación, situado nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense) e promovido por Eólica Galenova, S.L.U. (expediente IN661A DXIEM-02/11).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Eólica Galenova, S.L.U.

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 140, 6º C, 28046 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Paraño Oeste.

Municipios afectados: Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense).

Potencia para instalar: 49,7 MW.

Produción neta anual estimada: 145.960 MWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 36.061.278,67 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Paraño Oeste

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

A

557.387

4.706.785

B

554.875

4.705.698

C

554.875

4.705.138

D

556.976

4.702.069

E

558.041

4.702.069

F

560.564

4.706.591

G

560.375

4.706.785

Localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico Paraño Oeste

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

PÑW-01

559.212,00

4.706.482,00

PÑW-04

558.401,00

4.706.524,00

PÑW-05

558.210,00

4.705.869,00

PÑW-06

558.374,00

4.705.532,00

PÑW-07

558.318,00

4.705.033,00

PÑW-08

558.249,00

4.704.503,00

PÑW-09

558.125,00

4.703.764,00

PÑW-10

558.187,00

4.703.393,00

PÑW-11

557.551,00

4.705.206,00

PÑW-13

556.402,00

4.705.369,00

PÑW-14

556.139,00

4.704.287,00

PÑW-15

556.354,00

4.704.028,00

PÑW-16

556.573,00

4.703.745,00

PÑW-17

556.810,00

4.703.506,00

Localización da subestación:

Subestación

Parque eólico Paraño Oeste

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

SET

556.576,00

4.703.609,00

Localización das torres meteorolóxicas:

Torres meteorolóxicas

Parque eólico Paraño Oeste

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

TM1

558.985,00

4.706.700,00

TM2

558.133,00

4.703.119,00

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico, así como as das súas infraestruturas de evacuación incluídas no proxecto, son as seguintes:

• 14 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG 3.4-132 de 3.550 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de torre de 114 metros e cun diámetro de rotor de 132 metros.

• 14 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 3.900 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede subterránea a 30 kV, con condutor tipo RHZ1 18/30kV Al, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV e a subestación transformadora 30/220 kV.

• Dúas torres meteorolóxicas de 120 m de altura.

• Subestación transformadora 30/220 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 50/55 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 100 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,4 kV, equipamentos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Conexión da subestación transformadora 30/220 kV do parque eólico coa LAT 220 kV sub. Albarellos a P.E. Cando (liña existente que discorre próxima ao parque eólico), entre os seus apoios 41 e 42, mediante a instalación dun apoio intermedio denominado N2 e un van aéreo destensado entre este e un apoio de paso aéreo/subterráneo denominado N1, do cal partirá un tramo subterráneo ata a subestación transformadora 30/220 kV do parque eólico. Desta forma, o van 41-42 da LAT 220 kV sub. Albarellos a P.E. Cando quedará dividido en dous vans: 41-N2 (201,61 m) e N2-42 (210,96 m). O novo apoio N2 será un apoio de «aliñación-amarre».

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Declaración da tramitación de urxencia: de acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresarias en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 27 de xullo de 2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e relación de bens e dereitos afectados, a cal figura no anexo que se insire con esta resolución.

Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra) e de Ourense (rúa Curros Enríquez, 1, 4º, 32071 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, no teléfono 986 80 52 39, e no correo electrónico enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal ou no teléfono 988 38 67 35, así como nos concellos de Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A citada documentación estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra) e de Ourense (rúa Paseo, 18, 32003 Ourense).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas e os propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, poidan examinar os documentos indicados anteriormente e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de 15 días, contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Parque eólico Paraño Oeste e conexión de evacuación

Termo municipal

/provincia

Datos catastrais

Propietario

 Cultivo

Lugar

Ocupacións (m²)

Plano

Catastro

S.E.

S.V.

S.P.

O.T.

Pol.

Parc.

Subparc.

Subest.

TT.MM.

Zapata

Liña

Plataforma

Aero

Liña

Vía

Gabia

Forcarei/
Pontevedra

2

100

00101

 

C.M.V.M.C. Lamas

E-Pastos

Lg. Portela de Lamas-Pardesoa

 

 

 

 

 

 616,38

587,87

 

Forcarei/
Pontevedra

3

100

00107

d

C.M.V.M.C. Lamas
C.M.V.M.C. Sixto

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa

MT Matogueira

Monte Lamas

 

256,00

 

 

 

1.602,73

332,90

 

Forcarei/
Pontevedra

4

100

00107

c

C.M.V.M.C. Lamas
C.M.V.M.C. Sixto

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa

MT Matogueira

Monte Lamas

 

 

298,65

3.076,39

10.500,93

5.662,77

1.572,48

11.556,56

Forcarei/
Pontevedra

5

100

00107

b

C.M.V.M.C. Lamas
C.M.V.M.C. Sixto

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa

MM Piñeiral madeirable

Monte Lamas

 

 

588,40

8.190,13

14.179,41

11.586,92

5.313,01

18.342,35

Beariz/
Ourense

6

031

00708

 

C.M.V.M.C. Lebozán e Busto
C.M.V.M.C. Lamas

MT Matogueira

Monte Oural

 

 

461,37

3.268,93

12.554,53

326,23

3.555,49

9.766,28

Beariz/
Ourense

14

031

00710

 

C.M.V.M.C. Lebozán e Busto

MT Matogueira

Monte Oural

 

 

 

 

 

 

1,34

 

Forcarei/
Pontevedra

16

500

00409

 

C.M.V.M.C. Sixto

MT Matogueira

Montes de Pardesoa

 

 

 

 

2.872,01

4.656,75

2.290,20

3.478,87

Forcarei/
Pontevedra

18

100

00107

a

C.M.V.M.C. Lamas
C.M.V.M.C. Sixto

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa

MT Matogueira

Monte Lamas

 

 

144,82

710,43

5.685,31

6.598,37

1.401,08

5.235,88

Forcarei/
Pontevedra

19

500

00407

e

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa

MT Matogueira

Montes de Pardesoa

 

 

 

 

1.237,57

29.382,99

8.016,54

1.634,98

Beariz/
Ourense

20

031

00737

c

C.M.V.M.C. A Bouza
C.M.V.M.C. Alvite

I-Improdutivo

Monte Oural

 

 

 

199,07

1.873,01

1.766,14

307,90

1.817,12

Beariz/
Ourense

21

031

00737

a

C.M.V.M.C. A Bouza
C.M.V.M.C. Alvite

MT Matogueira

Monte Oural

 

 

298,65

2.930,48

12.463,83

1508,77

1010,14

10.727,18

Beariz/
Ourense

22

031

00738

 

C.M.V.M.C. A Bouza
C.M.V.M.C. Alvite

MT Matogueira

Monte da Bouza

 

 

 

 

592,54

10.874,30

5.005,05

2.805,28

Beariz/
Ourense

24

032

00940

a

C.M.V.M.C. A Bouza

MT Matogueira

Monte Bouza

115,51

Beariz/
Ourense

27

029

00395

c

C.M.V.M.C. A Bouza
C.M.V.M.C. Alvite

I-Improdutivo

Monte Bouza

 

 

 

 

 

6.308,65

1.614,39

162,22

Beariz/
Ourense

28

029

00395

b

C.M.V.M.C. A Bouza
C.M.V.M.C. Alvite

MT Matogueira

Monte Bouza

 

 

298,65

3.173,65

10.438,31

7.041,96

2.528,15

10.757,60

Beariz/
Ourense

29

029

00395

a

C.M.V.M.C. A Bouza

MT Matogueira

Monte Bouza

 

256,00

298,65

3.944,60

10.425,37

2.510,61

1.919,02

9.679,31

Beariz/
Ourense

30

029

00395

d

C.M.V.M.C. A Bouza
C.M.V.M.C. Alvite

MT Matogueira

Monte Bouza

751,20

Beariz/
Ourense

31

029

00395

e

C.M.V.M.C. A Bouza

MT Matogueira

Monte Bouza

530,97

Beariz/
Ourense

32

029

00409

a

C.M.V.M.C. Alvite

MT Matogueira

Monte Val do Chao

 

 

 

 

 

1.605,81

601,15

 

Beariz/
Ourense

33

029

00409

b

C.M.V.M.C. Alvite

I-Improdutivo

Monte Val do Chao

1,51

Forcarei/
Pontevedra

35

117

00595

g

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa
C.M.V.M.C. Pousada

MT Matogueira

Monte Pardesoa

 

 

 

 

 

429,80

392,43

 

Forcarei/
Pontevedra

36

117

00595

f

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa
C.M.V.M.C. Pousada

I-Improdutivo

Monte Pardesoa

 

 

 

 

 

78,34

23,37

 

Forcarei/
Pontevedra

37

117

00595

e

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa
C.M.V.M.C. Pousada

MT Matogueira

Monte Pardesoa

 

 

 

 

 

13.392,13

4.223,02

1.320,00

Forcarei/
Pontevedra

38

117

00453

b

C.M.V.M.C. Pousada

MT Matogueira

Monte Pousada

 

 

298,65

3.053,18

10.572,97

9.337,62

2.092,17

11.466,76

Beariz/
Ourense

39

037

00178

 

C.M.V.M.C. A Abeleira
C.M.V.M.C. Alén

MT Matogueira

Monte Alén

 

 

 

516,87

4.301,50

809,93

80,26

Beariz/
Ourense

40

037

00167

d

C.M.V.M.C. A Abeleira

I-Improdutivo

Monte Abeleira

 

 

 

68,78

643,35

193,10

52,89

331,75

Beariz/
Ourense

41

037

00167

a

C.M.V.M.C. A Abeleira

MT Matogueira

Monte Abeleira

 

 

298,65

1.311,38

6.573,54

49,42

142,50

2.809,20

Beariz/
Ourense

42

037

00166

 

C.M.V.M.C. A Abeleira
C.M.V.M.C. Alén

MT Matogueira

Besticob.

 

 

 

 

 

46,13

 

 

Beariz/
Ourense

43

032

00931

 

C.M.V.M.C. A Abeleira
C.M.V.M.C. Alén

MT Matogueira

Monte Alén

 

 

 

644,97

1.688,31

6.000,85

3.644,36

3.131,04

Beariz/
Ourense

46

032

00933

a

C.M.V.M.C. A Abeleira
C.M.V.M.C. Alén

MT Matogueira

Monte Alén

5.310,94

 

895,56

140,95

9.575,13

32.712,85

300,83

11.501,12

4.445,43

34.922,63

Beariz/
Ourense

47

032

00933

b

C.M.V.M.C. A Abeleira
C.M.V.M.C. Alén

I-Improdutivo

Monte Alén

682,32

 

0,39 

692,37

2.632,08

5.295,52

1.019,83

1.693,89

Forcarei/
Pontevedra

48

117

00595

a

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa

Matogueira e carballal

Montes de Pardesoa

 

 

 

 

3.356,87

717,28

347,19

3.519,03

Forcarei/
Pontevedra

49

500

00407

a

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa

Matogueira e carballal

Montes de Pardesoa

 

 

298,65

3.022,12

6.774,07

954,82

70,30

6.856,23

Forcarei/
Pontevedra

56

500

00407

b

C.M.V.M.C. Fixo-Pardesoa

Matogueira e carballal

Montes de Pardesoa

 

 

1.144,02

S.E.: afeccións en pleno dominio.

– Subestación (Subest.): subestación eléctrica.

– Torres meteorolóxicas (TT.MM.).

– Zapata do aeroxerador.

– Liña: superficie afectada polos apoios N1 e N2 da liña de conexión.

– Plataforma: plataforma de montaxe do aeroxerador.

S.V.: afeccións por servidume de voo.

– Aero: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

– Liña: servidume de voo correspondente ao tramo aéreo da liña de conexión entre os apoios N2 e N1.

S.P.: afeccións por servidume de paso.

– Vía.

– Gabia.

O.T.: afeccións por ocupación temporal durante as obras.