Cambio dos certificados electrónicos dos portais e da sede electrónica da Xunta de Galicia
08/04/21

8 de abril de 2021 a Xunta de Galicia procedeu a cambiar os certificados electrónicos dos seus portais e da súa sede electrónica.
 
No caso de entidades que accedan desde aplicacións desenvolvidas para utilizar os servizos da Xunta de Galicia é preciso que verifiquen que os seus sistemas admiten os novos certificados electrónicos cando invoquen os servizos.

Para iso, é conveniente que revisen se os seus sistemas confían nos certificados da Autoridade de Certificación (AC) cos que se van asinar os novos certificados electrónicos da Xunta de Galicia.
 
Achéganse aquí as claves públicas AC ROOT e AC INTERMEDIA para que se poidan descargar e configurar se fose necesario: