Desde a Xunta de Galicia estamos a traballar na mellora dos servizos públicos dixitais, e para iso estamos deseñando unha App, chamada Xunta EU.
Xunta EU nace coa vocación de ser a aplicación móbil de referencia que ofreza os principais servizos administrativos da Xunta de Galicia, de xeito doado, inmediato, personalizado e adaptado as características dos dispositivos móbiles, primando a accesibilidade a usabilidade dos mesmos.
Podes axudarnos a ofrecer unha app máis útil suxeríndonos o que che resultaría de interese atopar nela.
Participa!