CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Biografía do conselleiro

Biografía do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez García

Valeriano Martínez García, conselleiro de Facenda
Valeriano Martínez García, conselleiro de Facenda

Naceu en Aldán (Cangas) en 1961, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.

  • Desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda
  • Ata o seu nomeamento como conselleiro de Facenda en febreiro de 2015 exerceu como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia
  • Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.