Xunta de Galicia

Publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos: prazo extraordinario do grupo IV-categoría 033 e do grupo V-categoría 014

12 de xuño de 2018.- O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 5 de xuño de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías correspondentes aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro.

Ligazóns relacionadas

  • Contratación temporal