Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Modificación da xornada dos días 5 e 6 de marzo de 2019

04 de marzo de 2019.- Con motivo da celebración das festas do Entroido, modifícase a xornada dos vindeiros días 5 e 6 de marzo para os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia.

A modificación será a seguinte:

  • Horario oficial: a hora de saída o martes 5 de marzo de 2019 será as 14:00 e a de entrada o mércores 6 de marzo de 2019 será as 9:00.
  • Horario de flexibilidade automática: a hora de saída o martes 5 de marzo de 2019 será as 14:00, quedando reducida en 30 minutos a parte fixa e en 45 minutos a parte flexible do horario. A hora de entrada o mércores 6 de marzo de 2019 será as 9:00, quedando reducida en 1 hora e 15 minutos a parte flexible do horario.
  • Horario de flexibilidade por conciliación: a hora de saída o martes 5 de marzo e a de entrada o mércores 6 de marzo queda reducida en 1 hora e 15 minutos dentro da franxa horaria autorizada pola correspondente Secretaría Xeral/Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación.

Todo isto sen prexuízo do gozo do día que coincida cun festivo local.