Reanudación do prazo de presentación de solicitudes dos procesos de funcionarización
28/05/20

En relación cos procesos de funcionarización convocados polas resolucións da Dirección Xeral da Función Pública do 7 de febreiro de 2020 (DOG nº 32 do 17 de febreiro) que a continuación se relacionan:

  • Adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior de administración xeral e corpo facultativo superior de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo I, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.
  • Adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión de administración xeral e corpo facultativo de grao medio de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo II, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.
  • Adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo III, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.
  • Adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo IV, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.
  • Adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do Grupo V (Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas....) pertencente ao Grupo V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Cómpre informar de que, segundo o establecido na Resolución do 20 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordea a publicación do Acordo de autorización de prórroga do estado de alarma (BOE nº145 do 23 de maio) o prazo de presentación de solicitudes de participación no devandito proceso que se atopaba suspendido será reanudado con efectos do día 1 de xuño de 2020.

Dese xeito toda persoa interesada poderá matricularse no proceso de funcionarización correspondente á súa categoría coa data límite do día 2 de xuño de 2020.