Medidas de aplicación á reincorporación dos/as empregados/as públicos/as ao traballo presencial
15/06/20

Co obxectivo de compatibilizar a reincorporación presencial aos postos de traballo coa conciliación da vida persoal e laboral e a protección fronte ao risco de contaxio fronte á COVID-19, adóptanse na Xunta de Galicia unha serie de medidas que resultan de aplicación ao procedemento de reincorporación ao traballo presencial dos/as empregados/as públicos/as.

Estas medidas poden consultarse no  protocolo de "Medidas de aplicación á reincorporación dos/as empregados/as públicos/as ao traballo presencial".

O documento incorpora unha serie de medidas e requisitos específicos para posibilitar a determinados colectivos de empregados a súa continuidade en réxime de teletraballo ou alteración do réxime presencial, mediante as distintas xustificacións de “Teletraballo polo COVID”. As instrucións de aplicación do protocolo nestes casos poden consultarse neste documento.