Prorróganse 1 mes os permisos concedidos para compatibilizar a reincorporación presencial coa conciliación da vida persoal e laboral e a protección ante a COVID-19
26/06/20

No Decreto 90/2020, do 13 de xuño, da Presidencia da Xunta de Galicia, polo que se declara a superación da Fase III do plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia da COVID-19, aprobado mediante o Acordo do Consello de Ministros do 28 de Abril de 2020, e, polo tanto, a entrada na nova normalidade, con efectos desde as 00.00 hora do día 15 de xuño de 2020 establece na súa disposición terceira:

“A superación da fase III debe levar consigo a adopción, por parte das administracións competentes, das necesarias medidas de prevención que permitan seguir facendo fronte e controlando a pandemia, tendo en conta a subsistencia dunha situación de crise sanitaria…”.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, polo que se aproban medidas adicionais de aplicación á reincorporación dos/as empregados/as públicos/as ao traballo presencial derivado do estado de alarma contempla unha serie de medidas das que algunhas rematan o día 28 de xuño.

Co obxectivo de compatibilizar a reincorporación presencial aos postos de traballo coa conciliación da vida persoal e laboral e a protección ante o risco de contaxio fronte ao COVID-19 acórdase:

  • Único: Prorrogar durante un mes os permisos concedidos ao abeiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, polo que se aproban medidas adicionais de aplicación á reincorporación dos/as empregados/as públicos/as ao traballo presencial derivado do estado de alarma que remataban o día 28 de xuño.