Procesos selectivos para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixiante fixo/a, bombeiro forestal-conductor motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Xunta de Galicia ten previsto publicar nos próximos días no Diario Oficial de Galicia as convocatorias do primeiro exercicio das seguintes especialidades da escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais:
Proceso selectivo | DOG convocatoria proceso selectivo | Data do 1º exercicio | Prazas | Aspirantes | Hora de chamamento | Lugar |
---|---|---|---|---|---|---|
C2 – Bombeiro Forestal – Condutor Motobomba | 04/03/2019 | 27/11/2021 | 80 | 2.004 | 9:30 horas | Silleda |
C2 – Emisorista / Vixilante fixo/a | 04/03/2019 | 27/11/2021 | 75 | 2.782 | 16:30 horas | Silleda |
C2 – Bombeiro Forestal | 04/03/2019 | 28/11/2021 | 114 | 3.807 | 9:30 horas | Silleda |
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Ademais, en todo momento, seguiranse as indicacións establecidas no Protocolo de actuacións orixinados pola COVID-19 para a celebración das probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia, publicadas na web de Función Pública, autorizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellería de Sanidade.
- Procesos selectivos