Nota aclaratoria sobre a convocatoria de solicitudes de inclusión en listas únicas publicada no DOG de 18 de outubro de 2021
30/10/21
Unicamente se pode solicitar a inclusión ata o 18 de novembro de 2021 nas listas de persoal funcionario que se recollen no anexo I da Resolución do 11 de outubro de 2021.
Destinatarios/as:
Só poden solicitar a inclusión nas listas únicas
- as persoas admitidas dalgunha lista de persoal laboral das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario na que se solicita a inclusión en listas segundo a orde de equivalencias contidas no anexo II da Resolución do 11 de outubro de 2021.
Non poden solicitar a inclusión nas listas únicas
- as persoas que figuren penalizadas o 15 de xullo de 2014 ou con anterioridade a esta data, en todas as listas nas que figuren inscritas das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario na que instan a inclusión.
- as persoas xa admitidas nalgunha das listas de persoal funcionario na que pretenden solicitar a inclusión.
Non hai que pagar taxas administrativas.
- Procesos selectivos