Modificación da xornada dos días 1 e 2 de marzo de 2022
25/02/22
Con motivo da celebración das festas do Entroido, modifícase a xornada dos vindeiros días 1 e 2 de marzo para os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia.
A modificación será a seguinte:
- Horario oficial: a hora de saída o martes 1 de marzo de 2022 será ás 14:00 horas e a de entrada o mércores 2 de marzo de 2022 será ás 9:00 horas.
- Horario de flexibilidade automática: a hora de saída o martes 1 de marzo de 2022 será ás 14:00 horas, quedando reducida en 30 minutos a parte fixa e en 45 minutos a parte flexible do horario. A hora de entrada o mércores 2 de marzo de 2022 será ás 9:00 horas, quedando reducida nunha hora e quince minutos a parte flexible do horario.
- Horario de flexibilidade por conciliación: a hora de saída o martes 1 de marzo de 2022 e a de entrada o mércores 2 de marzo de 2022 queda reducida nunha hora e quince minutos dentro da franxa horaria autorizada pola correspondente Secretaría Xeral/Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación.
Todo isto sen prexuízo do gozo do día que coincida cun festivo local.
- Organización do traballo