Preguntas máis frecuentes
Si, xa que segundo establecen as bases da convocatoria os datos reflectidos na certificación serán os que teña en conta a comisión de valoración do concurso para a adxudicación dos postos de traballo solicitados. Calquera certificación ou validación que non reúna os requisitos establecidos ou fose enviada polo interesado fóra do prazo sinalado, terase por non presentada.
Aqueles/as funcionarios/as que estean adscritos/as provisionalmente a un posto terán a obriga de participar nos concursos de traslados nos que se convoquen prazas abertas ao seu corpo, escala ou categoría.
O non cumprimento desta obriga, no caso no que se convoque a praza á que están adscritos provisionalmente, dará lugar ao paso á situación de excedencia voluntaria por interese particular.
Os destinos obtidos por novo ingreso terán carácter definitivo, equivalente a todos os efectos aos obtidos por concurso, polo que para participar nun concurso de traslados deberán esperar dous anos.
Se o primeiro posto obtido tras superar un proceso selectivo ten carácter provisional, o tempo neste terase en conta para os efectos de poder participar nos seguintes concursos de traslados.
Poderán participar se levan dous anos nun posto definitivo obtido por concurso, independentemente de se este posto se obtivo noutra Administración.
Non, os postos de resultas son aqueles postos que liberan os/as que obtiveron un posto na primeira fase.
Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias publicárase nesta páxina web de Función Pública a relación de postos cuxo sistema de provisión fose o concurso e que estivesen ocupados con carácter definitivo polos/as concursantes que presentaron solicitude de participación aos postos do anexo I da convocatoria.
Estes postos seran os que se oferten en resultas, condicionados a que os seus titulares obteñan un posto na primeira fase.
Si, en calquera momento xa que a participación nun concurso de traslados é unha forma de solicitar o reingreso.
- Os datos persoais
- Os datos administrativos (entre os que se inclúen os do corpo desde o que se participa)
- Os postos por orde de prelación que se solicitan en primeira fase e, se se quere optar á fase de resultas, é necesario facer constar o nivel mínimo, a localidade que se pide e a orde de preferencia das consellerías
Son aqueles postos que quedan vacantes como consecuencia da adxudicación de prazas na primeira fase do concurso.
En caso de que teña algunha dúbida sobre as bases, a normativa ou os pasos a seguir no concurso pode porse en contacto connosco nos seguintes teléfonos:
Consulta de dúbidas xerais sobre o concurso:
- 881 999 007
- 881 999 389
- 981 545 770
- 981 545 868
No caso de que teña calquera problema técnico de acceso ou utilización do sistema, poder chamar ao seguinte teléfono:
- Consulta de dúbidas técnicas sobre a aplicación informática: 881 999 883 (Ibercom 99883)
- Tamén pode enviarnos a súa consulta ao seguinte enderezo de correo electrónico soporte.rrhh@xunta.gal
Neste correo deberá incluír a súa consulta xunto coa seguinte información: nome completo, NIF, teléfono de contacto e en caso de ter unha conta de correo, o seu enderezo electrónico.
Esta mesma información deberá enviala se desexa empregar o fax como medio de contacto, deberá envialo á seguinte número: 981 545 225 utilizando o seguinte formulario de incidencias.
No seguinte documento explícanse as distintas formas de contacto, así como a información que tedes que proporcionarnos.
15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Para a correcta xeración do impreso de emenda, requírese que se teña instalado e actualizado o Adobe Acrobat Reader (lector de documentos PDF). Dende esta ligazón pódese baixar e instalar unha nova versión do programa.