Xunta de Galicia

Certificación e validación de instancias do Fondo de Acción Social

Mediante esta aplicación poderá verificarse e validarse toda a información presentada polas persoas interesadas, xerando de modo automático, ao rematar o proceso, a solicitude certificada. Esta, deberá entregárselle á persoa solicitante xunto con toda a documentación presentada.

Contactos relacionados

  • Dúbidas do persoal certificador de centros educativos: U.A.C. de Educación

    Teléfono: 881 997 101

  • Dúbidas do resto do persoal certificador:

    Teléfono: 881 545 225

  • Soporte técnico da aplicación: Soporte Aplicacións RRHH

    Teléfono: 881 999 883 (Ibercom 99883)
    Correo-e: soporte.rrhh@xunta.gal

No caso do persoal certificador de centros educativos de educación, poderá acceder á aplicación empregando o mesmo usuario e contrasinal que emprega para acceder as aplicacións de educación. Este usuario será a súa conta de correo. Por exemplo, se a súa conta de correo fora losada@edu.xunta.es, este será o seu usuario. No caso de non ter conta de correo, ou esquecer a súa contrasinal, deberá porse en contacto coa U.A.C de Educación no seguinte número 881 997 701.

O resto do persoal certificador deberá acceder a aplicación de petición de usuarios da Dirección Xeral da Función Pública e cubrir os datos que se lle solicitan no formulario de petición de usuario. Unha vez cuberto, o sistema xerará un PDF que deberá firmarse e selarse pola persoa que solicita o usuario e polo seu responsable. Para axilizar a xeración do usuario deberá enviarse por fax ao seguinte número 981 545 225, co que se creará de inmediato un usuario temporal. O orixinal deberá ser enviado por correo ou valixa a Dirección Xeral da Función Pública en San Caetano. Unha vez xerado o usuario, o sistema enviaralle un PIN (que non é o contrasinal), co que poderá seleccionar a súa propia chave de acceso na seguinte páxina: xeración de chave de acceso.