- Inicio
- Goberno e institucións
- Consellerías
-
Consellería de Facenda e Administración Pública
- Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Consellería de Política Social e Xuventude
- Consellería do Medio Rural
- Consellería do Mar
- Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
- Consellería de Sanidade
- Función pública e xestión de recursos humanos
- A Dirección Xeral
- Funcionarización e promoción específica
- Funcionarización
- Información xeral
Información xeral
Aberto o prazo para solicitar a participación nos procesos de funcionarización en excedencia
O venres 26 de decembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a apertura do prazo para a presentación de solicitudes de participación na funcionarización do persoal laboral fixo en situación de excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos noutra Administración pública.
O prazo de presentación destas solicitudes será de tres meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación no Diario oficial de Galicia, e farase a través do modelo AP505A dispoñible na sede electrónica.
Se non se presenta esta solicitude non se poderá participar nestes procesos de funcionarización.
Preguntas máis frecuentes
A funcionarización é o proceso que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia para adquirir a condición de persoal funcionario a través dun procedemento específico.
Si. O proceso de funcionarización do persoal laboral fixo está previsto na disposición transitoria segunda do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se establece o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así como na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril de Emprego Público de Galicia.
Ademais, hai que ter en conta tamén que a Xunta e os sindicatos CC. OO. e UXT asinaron en 2019 un importante acordo –Acordo de concertación do emprego público de Galicia– no que se desenvolven os criterios necesarios para levar a cabo o proceso de funcionarización que está actualmente en marcha.
Tamén se pode consultar a seguinte normativa:
- Orde do 15 de xaneiro pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia
- Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
- Orde do 10 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
Non. Este proceso de funcionarización está dirixido ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do V Convenio Colectivo.
A funcionarización é o proceso a través do cal se transforma, por un lado, o vínculo que existe entre o empregado público e a propia Administración; e, polo outro, o propio posto de traballo desempeñado ata ese momento pola persoa que ten a condición de laboral fixo, que se transforma en praza de persoal funcionario.
É por isto que o persoal laboral temporal non pode participar neste proceso, dado que desempeña un posto de traballo con carácter transitorio non adquirido aínda a fixeza mediante un proceso selectivo baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade.
Os requisitos a cumprir están recollidos no artigo 3.3 do Decreto 165/2019.
Non, a participación nos procesos de funcionarización é, en todo caso, voluntaria, polo que lle corresponde a cada persoa traballadora que reúna os requisitos de admisión decidir libremente sobre a súa participación no mesmo.
O proceso consiste nun concurso – oposición. A fase de oposición consistirá nunha proba de tipo test cuxas preguntas serán seleccionadas entre as baterías de preguntas, que serán previamente publicadas na web da Dirección Xeral da Función Pública; así mesmo, para a realización desta proba poderán levarse os textos legais usados para a realización das devanditas preguntas.
Coa unificación do réxime xurídico dos empregados públicos, as prazas de persoal laboral irán desaparecendo paulatinamente da Administración galega para substituírse por postos de traballo de persoal funcionario. Isto implica que o número de prazas de persoal funcionario se incrementarán, co que as posibilidades de mobilidade e promoción serán maiores.
Ademais, a funcionarización permite o acceso á carreira profesional do persoal funcionario.
Este tránsito –de persoal laboral fixo a persoal funcionario– realízase dun xeito regulamentado, sinxelo e sen perda de dereitos económicos.
- O anexo do Decreto 165/2019 recolle a táboa de equivalencias entre as categorías profesionais de persoal laboral e as escalas de persoal funcionario. O persoal laboral fixo só poderá funcionarizarse no corpo, grupo, escala ou especialidade ao que se refira o procedemento de funcionarización que equivale á súa categoría.
- Orde do 10 de marzo de 2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
- Orde do 27 de novembro de 2023 pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
- Corrección de erros. Orde do 27 de novembro de 2023 pola que se modifica o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
- Así mesmo, a disposición adicional 8ª e a disposición adicional 9ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia recollen as titulacións esixidas para cada corpo, escala e especialidade de persoal funcionario.
O vixente acordo de concertación establece que aquel persoal que se atope en postos susceptibles de ser funcionarizados pode solicitar a carreira profesional ou complemento de desempeño, condicionado á superación do proceso de funcionarización. No caso de non funcionarizarse, decaerán os graos recoñecidos e os seus efectos económicos.
Non se reducirán. O apartado 3b do Acordo de concertación do emprego público de Galicia establece que ao persoal laboral fixo que, como consecuencia do proceso de funcionarización adquira a condición de funcionario de carreira e, polo tanto, continúe no mesmo posto de traballo obxecto de funcionarización, garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo se estas fosen superiores ás que lle correspondan como funcionario mentres permaneza nese destino.
A diferenza de retribucións entre funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización. Este complemento non será nin compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que con carácter xeral establezan as leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
As bases de cotización que determinan o importe da pensión de xubilación non dependen da condición de funcionario ou laboral, senón da contía das remuneracións brutas que recibe o/a traballador/a.
Posto que as retribucións non se reducen, as bases de cotización tampouco baixan e polo tanto non afecta de ningún xeito ao importe da pensión de xubilación.
O persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto independente na nómina á marxe do complemento de funcionarización. Ademais, o primeiro trienio que se perfeccione como funcionario nunca terá unha contía inferior ao que se percibiría como persoal laboral.
As condicións específicas que viñan favorecendo a xubilación parcial do persoal laboral desapareceron o 31 de decembro de 2018, posto que o Goberno central non renovou a normativa que as establecía. Polo tanto, ao non existir este beneficio, á funcionarización tampouco lle afecta.
A funcionarización é un proceso totalmente voluntario. É por iso que o persoal laboral fixo que non desexe acollerse manterá os dereitos recollidos no V Convenio Colectivo que lle resulten de aplicación.
Si. Unha vez adquirida a condición de funcionario poderase participar nos procesos de mobilidade e promoción interna do correspondente grupo e escala, sempre que se acrediten todos os requisitos que esixe a normativa vixente.
En consecuencia, os postos de traballo do persoal laboral fixo que se funcionarice transformaranse en prazas de persoal funcionario que á súa vez se sumarán a estes procesos cando queden vacantes.
É un requisito establecido no Estatuto do Empregado Público. O EBEP establece que o persoal laboral fixo que desexe converterse en funcionario debe superar un proceso de concurso-oposición. En todo caso, trátase dunha proba de características diferentes ás establecidas para unha oposición ordinaria posto que os seus destinatarios son empregados públicos que xa superaron unha oposición.
Subgrupo A1
- Tema 1- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Tema 2- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Tema 3- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Tema 4- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Tema 5- Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público
- Tema 6- Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público
- Tema 7- Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
- Tema 8- Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia
- Tema 9- Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia
- Tema 10- Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas
- Tema 11- Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
- Tema 12- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
- Tema 13- Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
- Tema 14- Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
- Tema 15- Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais
Subgrupo A2
- Tema 1- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Tema 2- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Tema 3- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Tema 4- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Tema 5- Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público
- Tema 6- Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
- Tema 7- Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia
- Tema 8- Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia
- Tema 9- Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas
- Tema 10- Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
- Tema 11- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
- Tema 12- Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
Subgrupo C1
- Tema 1- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Tema 2- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Tema 3- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Tema 4- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Tema 5- Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia
- Tema 6 - Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia
- Tema 7 - Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas
- Tema 8 - Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
- Tema 9 - Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
- Tema 10 - Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
Subgrupo C2
- Tema 1- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Tema 2- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Tema 3 - Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia
- Tema 4 - Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
- Tema 5 - Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
- Tema 6 - Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
Agrupación profesional - grupo V
- Tema 1- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Tema 2 - Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia
- Tema 3 - Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
Si. A disposición adicional primeira do Decreto 165/2019 recolle a posibilidade de funcionarizarse ao persoal que se atope en excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos no sector público. Nestes casos, farase a través dun procedemento de funcionarización específico para o persoal laboral fixo en calquera das situacións anteriores. Como primeiro paso, publicarase no DOG a apertura dun prazo para que o persoal interesado poida manifestar a súa vontade de querer participar nos futuros procesos de funcionarización que se convoquen para cada categoría profesional. É requisito indispensable cubrir a solicitude de participación. Ademais, no caso específico da excedencia voluntaria, tamén terá que cumprir como requisito ter prestado un mínimo de un ano de servizo na categoría profesional desde a que se presente á funcionarización.
Si, o persoal laboral fixo que se atope na situación de excedencia para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos, excedencia por coidado de familiares ou excedencia por razón de violencia de xénero ou violencia sexual pode participar nos procesos de funcionarización.
O persoal laboral fixo discontinuo de contrato cunha duración igual ou superior a 9 meses ao ano pode participar nos procesos de funcionarización. Porén, queda expresamente excluído destes procesos o persoal laboral fixo adscrito a postos de natureza fixa discontinua cun período de actividade ao ano inferior aos nove meses.
Si. Pode desistir voluntariamente da súa funcionarización, e non asinar o acordo de extinción da relación laboral, o que implica manter a súa condición de persoal laboral fixo.