Información xeral

Preguntas máis frecuentes

A funcionarización é o proceso que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia para adquirir a condición de persoal funcionario a través dun procedemento específico.

Si. O proceso de funcionarización do persoal laboral fixo está previsto na disposición transitoria segunda do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se establece o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así como na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril de Emprego Público de Galicia.

Ademais, hai que ter en conta tamén que a Xunta e os sindicatos CC. OO. e UXT asinaron en 2019 un importante acordo –Acordo de concertación do emprego público de Galicia– no que se desenvolven os criterios necesarios para levar a cabo o proceso de funcionarización que está actualmente en marcha.

Tamén se pode consultar a seguinte normativa:

Non. Este proceso de funcionarización está dirixido ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do V Convenio Colectivo.

A funcionarización é o proceso a través do cal se transforma, por un lado, o vínculo que existe entre o empregado público e a propia Administración; e, polo outro, o propio posto de traballo desempeñado ata ese momento pola persoa que ten a condición de laboral fixo, que se transforma en praza de persoal funcionario.

É por isto que o persoal laboral temporal non pode participar neste proceso, dado que desempeña un posto de traballo con carácter transitorio non adquirido aínda a fixeza mediante un proceso selectivo baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Os requisitos a cumprir están recollidos no artigo 3.3 do Decreto 165/2019.

Non, a participación nos procesos de funcionarización é, en todo caso, voluntaria, polo que lle corresponde a cada persoa traballadora que reúna os requisitos de admisión decidir libremente sobre a súa participación no mesmo.

O proceso consiste nun concurso – oposición. A fase de oposición consistirá nunha proba de tipo test cuxas preguntas serán seleccionadas entre as baterías de preguntas, que serán previamente publicadas na web da Dirección Xeral da Función Pública; así mesmo, para a realización desta proba poderán levarse os textos legais usados para a realización das devanditas preguntas.

Coa unificación do réxime xurídico dos empregados públicos, as prazas de persoal laboral irán desaparecendo paulatinamente da Administración galega para substituírse por postos de traballo de persoal funcionario. Isto implica que o número de prazas de persoal funcionario se incrementarán, co que as posibilidades de mobilidade e promoción serán maiores.

Ademais, a funcionarización permite o acceso á carreira profesional do persoal funcionario.

Este tránsito –de persoal laboral fixo a persoal funcionario– realízase dun xeito regulamentado, sinxelo e sen perda de dereitos económicos.

O vixente acordo de concertación establece que aquel persoal que se atope en postos susceptibles de ser funcionarizados pode solicitar a carreira profesional ou complemento de desempeño, condicionado á superación do proceso de funcionarización. No caso de non funcionarizarse, decaerán os graos recoñecidos e os seus efectos económicos.

Non se reducirán. O apartado 3b do Acordo de concertación do emprego público de Galicia establece que ao persoal laboral fixo que, como consecuencia do proceso de funcionarización adquira a condición de funcionario de carreira e, polo tanto, continúe no mesmo posto de traballo obxecto de funcionarización, garántenselle as retribucións brutas que estaba a percibir como laboral fixo se estas fosen superiores ás que lle correspondan como funcionario mentres permaneza nese destino.

A diferenza de retribucións entre funcionario e laboral farase efectiva mensualmente mediante un complemento persoal de funcionarización. Este complemento non será nin compensable nin absorbible, salvo que se incrementen as retribucións complementarias deste persoal por algunha causa que non derive dos incrementos anuais que con carácter xeral establezan as leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

As bases de cotización que determinan o importe da pensión de xubilación non dependen da condición de funcionario ou laboral, senón da contía das remuneracións brutas que recibe o/a traballador/a.

Posto que as retribucións non se reducen, as bases de cotización tampouco baixan e polo tanto non afecta de ningún xeito ao importe da pensión de xubilación.

O persoal que se funcionarice seguirá percibindo en concepto de antigüidade a mesma cantidade que estaba percibindo como laboral fixo nun concepto independente na nómina á marxe do complemento de funcionarización. Ademais, o primeiro trienio que se perfeccione como funcionario nunca terá unha contía inferior ao que se percibiría como persoal laboral.

As condicións específicas que viñan favorecendo a xubilación parcial do persoal laboral desapareceron o 31 de decembro de 2018, posto que o Goberno central non renovou a normativa que as establecía. Polo tanto, ao non existir este beneficio, á funcionarización tampouco lle afecta.

A funcionarización é un proceso totalmente voluntario. É por iso que o persoal laboral fixo que non desexe acollerse manterá os dereitos recollidos no V Convenio Colectivo que lle resulten de aplicación.

Si. Unha vez adquirida a condición de funcionario poderase participar nos procesos de mobilidade e promoción interna do correspondente grupo e escala, sempre que se acrediten todos os requisitos que esixe a normativa vixente.

En consecuencia, os postos de traballo do persoal laboral fixo que se funcionarice transformaranse en prazas de persoal funcionario que á súa vez se sumarán a estes procesos cando queden vacantes.

É un requisito establecido no Estatuto do Empregado Público. O EBEP establece que o persoal laboral fixo que desexe converterse en funcionario debe superar un proceso de concurso-oposición. En todo caso, trátase dunha proba de características diferentes ás establecidas para unha oposición ordinaria posto que os seus destinatarios son empregados públicos que xa superaron unha oposición.

Subgrupo A1

Subgrupo A2

Subgrupo C1

Subgrupo C2

Agrupación profesional - grupo V

Si. A disposición adicional primeira do Decreto 165/2019 recolle a posibilidade de funcionarizarse ao persoal que se atope en excedencia voluntaria, excedencia voluntaria por incompatibilidade ou por prestación de servizos no sector público. Nestes casos, farase a través dun procedemento de funcionarización específico para o persoal laboral fixo en calquera das situacións anteriores. Como primeiro paso, publicarase no DOG a apertura dun prazo para que o persoal interesado poida manifestar a súa vontade de querer participar nos futuros procesos de funcionarización que se convoquen para cada categoría profesional. É requisito indispensable cubrir a solicitude de participación. Ademais, no caso específico da excedencia voluntaria, tamén terá que cumprir como requisito ter prestado un mínimo de un ano de servizo na categoría profesional desde a que se presente á funcionarización.

Si, o persoal laboral fixo que se atope na situación de excedencia para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos, excedencia por coidado de familiares ou excedencia por razón de violencia de xénero ou violencia sexual pode participar nos procesos de funcionarización.

O persoal laboral fixo discontinuo de contrato cunha duración igual ou superior a 9 meses ao ano pode participar nos procesos de funcionarización. Porén, queda expresamente excluído destes procesos o persoal laboral fixo adscrito a postos de natureza fixa discontinua cun período de actividade ao ano inferior aos nove meses.

Si. Pode desistir voluntariamente da súa funcionarización, e non asinar o acordo de extinción da relación laboral, o que implica manter a súa condición de persoal laboral fixo.