SUBDIRECCIÓN XERAL DE RÉXIME XURÍDICO E RELACIÓNS LABORAIS

Funcións de categoría superior

Información xeral

  • Requisitos: Poderá desempeñar función de superior categoría o persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia que reúna os requisitos establecidos no convenio para a promoción interna á categoría á que estea adscrito o posto.
  • Duración: A ocupación dun posto en réxime de desempeño de funcións de categoría superior non poderá exceder de seis meses consecutivos ou dez alternos. Persistindo as mesmas circunstancias realizarase por rotación semestral. O límite de seis meses consecutivos e dez alternos non será de aplicación cando non sexa posible a rotación.
  • Efectos: O desempeño de funcións de superior categoría non consolidará o salario nin a categoría superior nin terá a consideración de mérito para o acceso pola quenda de promoción interna.
  • Procedemento de concesión: A consellería que estime oportuno acudir a esta modalidade de provisión de postos ofrecerao ao persoal do centro coa requirida publicidade e adxudicarao atendendo á antigüidade na Xunta de Galicia.
    O servizo de persoal da secretaria xeral da consellería correspondente requirirá autorización expresa á Dirección Xeral da Función Pública para comezar o desempeño de funcións de superior categoría. Se a urxencia na cobertura da vacante non permite a autorización previa, requirirase que, no prazo de quince días, a Dirección Xeral da Función Pública ratifique o citado desempeño.

Normativa reguladora

  • Normativa xeral:
    • Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores: Art. 39 Mobilidade funcional.
  • Normativa específica:
    • V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 213, do 3 de novembro de 2008):
    • Artigo 15. Traballos de inferior e superior categoría.
    • Disposición adicional quinta.
    • Disposición adicional oitava.