- Inicio
- Goberno e institucións
- Consellerías
-
Consellería de Facenda e Administración Pública
- Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Consellería de Política Social e Xuventude
- Consellería do Medio Rural
- Consellería do Mar
- Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
- Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
- Consellería de Sanidade
- Función pública e xestión de recursos humanos
- A Dirección Xeral
- Estrutura e funcións
-
Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Servizo de actualización de datos
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Oficina de incompatibilidades e boas prácticas
-
A Dirección Xeral
- Funcións e competencias
-
Estrutura e funcións de Función Pública
- Servizo de Actualización de Datos
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Oficina de incompatibilidades e boas prácticas
- Avisos
- Funcionarización e promoción específica
- Carreira administrativa e complemento de desempeño
-
Estrutura e funcións
- Servizo de Actualización de Datos
- Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais
- Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal
- Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
- Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional
- Oficina de incompatibilidades e boas prácticas
DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA
Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal
A Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal terá encomendado o exercicio das seguintes funcións:
- A preparación, conxuntamente coa Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal, a Subdirección Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional e a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, dos anteproxectos normativos en materia de función pública.
- A elaboración e tramitación das convocatorias dos concursos ordinarios de traslados dos distintos corpos, escalas e categorías.
- A fixación dos criterios para a elaboración das convocatorias dos concursos específicos por parte das persoas titulares das consellerías.
- A elaboración e tramitación das convocatorias de procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías.
- A preparación da convocatoria para a elaboración de listas e o desenvolvemento dos traballos relativos á cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral en aplicación da norma que o regule.
- A realización, no seu ámbito competencial, de cantos estudos e traballos se lle encomenden.
Para o cumprimento das súas funcións, a Subdirección Xeral de Provisión de Postos e Selección de Persoal contará coas seguintes unidades administrativas con nivel orgánico de servizo:
O Servizo de Concursos, que terá encomendadas as seguintes funcións:
- O estudo e a preparación dos anteproxectos normativos en materia de provisión.
- A preparación, elaboración e tramitación das convocatorias de concursos ordinarios de traslados.
- A supervisión asesoramento e coordinación coas consellerías dos concursos específicos do persoal funcionario e laboral.
- O estudo e elaboración de informes en materia da súa competencia, sen prexuízo dos que poidan corresponder a outros órganos da Administración.
O Servizo de Selección, que terá encomendadas as seguintes funcións:
- O estudo e a preparación dos anteproxectos normativos en materia de selección.
- A preparación, elaboración e tramitación das convocatorias dos procesos selectivos do persoal funcionario e laboral.
- O estudo e elaboración de informes en materia da súa competencia, sen prexuízo dos que poidan corresponder a outros órganos da Administración.
O Servizo de Listas de Contratación Temporal, que terá encomendadas as seguintes funcións:
- O desenvolvemento dos traballos relativos á cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral en aplicación da norma que regule a devandita cobertura, en particular a tramitación das propostas de cobertura e a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal para os servizos centrais e para os servizos periféricos.
- O estudo e elaboración de informes en materia da súa competencia
O Servizo de Listas de Contratación Temporal contará con postos de carácter administrativo para a xestión de listas nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Estes postos terán encomendada as funcións de chamamentos e selección dos integrantes das listas para o nomeamento de funcionarios interinos e para a contratación do persoal laboral temporal que deban desempeñar postos adscritos aos servizos periféricos no ámbito da respectiva delegación territorial.
- Consulta do Rexistro de Actividades de Altos Cargos
- Consulta de anuncios de comisións de servizo e adscricións temporais
- Consulta das autorizacións de compatibilidade
- Autorizacións do exercicio de actividade privada ao cesamento de altos cargos
- Expediente administrativo
- Solicitudes normalizadas
- Xeración de reclamacións
- Verificación e descargas
- Subscrición ás novas de Función Pública