Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta asumirá o 60% da suba do canon de Sogama provocada polas decisións do Goberno central
Rueda sinala que estes fondos axudarán aos concellos a minimizar as repercusións sobre a cidadanía
Galicia é a comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, 16 días antes que a media
O período medio de pago de Galicia no mes de xuño situouse en 11,6 días, máis de 18 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal
Rueda destaca o atractivo do Camiño Portugués e a súa variante pola Costa, os cales alcanzan as 125.100 Compostelas recollidas no que vai de ano
Salienta que a ruta xacobea é “un dos mellores escaparates turísticos de Galicia cara ao mundo” e que é posible seguir medrando “con sentidiño”
Rueda anuncia que a Xunta avanza na construción de vivenda de promoción pública nos concellos de Vigo e Coruña
O Goberno galego autoriza a licitación por preto de 355.000€ do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción de 43 inmobles, garaxes, rochos e locais na parcela IVA-16, do polígono 1 de Navia (Vigo)
A política económica da Xunta de Galicia priorizará todos aqueles proxectos vinculados coa enerxía, a auga e o talento
O secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica da Presidencia da Xunta compareceu na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia para informar das liñas estratéxicas que seguirá o seu departamento
O milleiro de persoas aspirantes a Policía Local realizarán os primeiros exercicios o 21 de setembro en Silleda
O Diario Oficial de Galicia fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas para o acceso por oposición libre e as datas dos exames de avaliación de coñecementos e de lingua galega