Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Glosario de eAdministración

A2B

[Administration to Business]

Servizos electrónicos entre a Administración e as empresas.

A2C

[Administration to Client ou Administration to Consumer]

Servizos electrónicos da Administración Pública dirixidos ós cidadáns.

A2E

[Administration to Employees]

Servizos electrónicos da Administración dirixidos ós empregados públicos.

Accesibilidade electrónica

Capacidade de acceso á Web e aos seus contidos por todas as persoas, independentemente da discapacidade que presenten. Garante a igualdade de condicións de todos os usuarios no acceso a ditos contidos.

Actuación administrativa automatizada

Actuación administrativa producida por un sistema de información adecuadamente programado sen necesidade de intervención de ningunha persoa física.

Aprendizaxe Online

[On line learning]

Sistema de formación tecnolóxica cuxo aprendizaxe se realiza a través de Internet, intranet ou extranet.

Arquivo electrónico

Sistema dixital que ofrece almacenamento seguro para os documentos e ficheiros relacionados con cada expediente, xestionando o ciclo de vida de cada documento dende a súa creación e rexistro ata o seu arquivo definitivo (preservación e custodia). Ademais da funcionalidade de almacenamento permite a recuperación e consulta dos documentos de cada procedemento administrativo tanto por parte dos empregados da Administración coma dos interesados no procedemento.

Autenticación

É a acreditación por medios electrónicos da identidade dunha persoa ou ente no proceso de tramitación electrónica.

Autoestrada da Información

[Information Highway]

Termo sociolóxico co que se denomina Internet. Na actualidade usase un novo termo: Infraestrutura Global de Información (GII)

Autoridade de acreditación

A autoridade de acreditación ou de rexistro identifica de forma unívoca ao solicitante dun certificado electrónico e subministra á autoridade de certificación os datos verificados do solicitante, a fin de que esta última emita o correspondente certificado.

Autoridade de Certificación

[Certification Authority (CA)]

Véxase “Prestador de servizos de certificación”

Autoridade de validación

Persoa física ou xurídica que leva a cabo as comprobacións relativas á validez dos certificados, subministrando información sobre a vixencia dos mesmos.