26/11/21 | 14:29 | C. de Infraestruturas e Mobilidade A Xunta licita por 544.000€ as obras para minimizar os riscos de asolagamento na contorna de Sabarís, no concello de Baiona
O obxectivo é acometer as actuacións necesarias para a mellora da drenaxe no camiño das Monxas e no camiño Pouquena, situados nas proximidades da desembocadura do río Groba e identificados como de risco potencial significativo de inundación
As obras enmárcanse no convenio de colaboración asinado co Concello o pasado mes de maio, polo que a Xunta asume o financiamento, a contratación e a execución das obras
Os traballos, cun prazo de execución de 5 meses, consistirán na reforma da rede de pluviais, coa execución de 4 colectores, mellorando a súa capacidade de desaugue
As empresas interesadas en executar este proxecto poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 10 de xaneiro
O departamento que preside Ethel Vázquez segue apostando pola colaboración entre as administracións e axentes implicados para estar máis preparados fronte ao risco de inundacións e acadar unha máis rápida recuperación fronte ás súas consecuencias