Á xornada asistiron a práctica totalidade dos clubes náuticos, confrarías de pescadores e asociacións de carácter náutico recreativo e deportivo

Portos de Galicia intentará que todas as instalacións náutico recreativas de Galicia acaden a bandeira azul o vindeiro ano

O Ente público deu conta dos criterios cara a obtención da bandeira azul e as actividades de información e educación medioambiental e seguridade e socorrismo nas instalacións

Con esta xornada informativa Portos de Galicia comeza un ano mais unha intensa colaboración cos xestores de instalacións náutico recreativas

Compartir
  • whatsapp

Santiago, 24 de novembro de 2010.- Portos intentará que todas as instalacións nautico recreativas de Galicia acaden a bandeira azul cara o vindeiro ano, segundo manifestou o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, na apertura da Xornada Informativa Bandeira Azul celebrada hoxe en Santiago. Ao acto tamén asistiron a Secretaria Xeral para o Turismo, Maria del Carmen Pardo e o vicepresidente de ADEAC, José Palacios.

Portos de Galicia organizou hoxe unha xornada informativa sobre “Bandeiras Azuis nas instalacións náutico recreativas de Galicia” co obxecto de informar acerca das condicións necesarias para obter o citado galardón. Á xornada asistiron a práctica totalidade dos clubs náuticos, confrarías de pescadores e asociacións de carácter náutico recreativo e deportivo.

Nesta xornada foron desglosadas diversas ponencias por prestixiosos profesionais. Os criterios cara a obtención da bandeira azul para instalacións náutico recreativas e clubes náuticos foron expostos pola secretaria xeral de ADEAC, Virginia Yuste e, de seguido, o biólogo, Francisco Garcia, disertou acerca da proposta de actividades de información e educación medioambiental. O vicepresidente de ADEAC falou sobre a proposta relativa á seguridade e socorrismo nas instalacións. Pechou a xornada, Alexandra Fernández, como representante do RCN de A Coruña, que informou da súa experiencia en portos galardoados coa Bandeira Azul.

Con esta xornada informativa Portos de Galicia comeza, un ano mais, unha intensa colaboración cos xestores de instalacións náutico recreativas. Esta iniciativa de Portos de Galicia atópase encadrada dentro da acción “Apoiar aos portos deportivos na obtención do distintivo “Bandeira azul”, unha acción transnacional executada dentro do proxecto europeo NEA2, (aprobado pola iniciativa comunitaria INTERREG IV B Espacio Atlántico), e liderada por Galicia a través do ente público Portos de Galicia, na que tamén participan portos portugueses e franceses.

A colaboración de Portos de Galicia na implantación de bandeiras azuis nas instalacións náutico recreativas abarca aspectos como os da prestación de servizos de calidade aos usuarios, mellora da ordenación e limpeza das instalacións portuarias, elaboración de programas de sensibilización ambiental e implantación dun sistema de xestión ambiental global para o ente público.
 

Imaxes relacionadas
Portos
Departamento: C. do Medio Rural