A Xunta espera erradicar medio centenar de visóns americanos coa actual campaña de control nas Illas Cíes e Sálvora

A eliminación desta especie invasora é un dos obxectivos que se plantexa para a conservación e mantemento destes enclaves do Parque Nacional das Illas Atlánticas

O número de visóns capturados diminuíu de xeito importante no arquipélago norte das Illas Cíes, mentres que en Sálvora e na Illa sur de Cíes a poboación reduciuse en menor medida, pola súa proximidade coa terra e pola dificultade de acceso para o humano

A Xunta sinala a necesidade de manter unha vixilancia constante para actuar no caso de chegada de novos exemplares

A pesar das capturas realizadas nos anteriores anos, ata o de agora, non se pode considerar erradicado deste parque nacional

Santiago, 5 de abril de 2012
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia mantén en marcha a campaña de control sobre o visión americano para erradicar a medio centenar de exemplares nas Illas Cíes e Sálvora. Este é un dos dos obxectivos que se establece o programa de actuación para reducir a presenza de esta especie invasora nestes illotes do Parque Natural Illas Atlánticas, que xestiona a Xunta de Galicia. Entre os obxectivos da campaña están, ademais de reducir o posible a densidade de poboación americano ou mantelo a niveles baixos e mínimos; controlar a presenza e distribución da especie nas zonas controladas, antes e despois dos trampeos.

Para esta campaña fíxanse obxectivos similares aos da anterior, que se pechou coa captura de 45 visóns no parque e representou un avance importante no control da especie. As accións desenvolvidas nos anos anteriores non implicaron a desaparición da especie, posto que segue presente en ambos arquipélagos, pero as estimacións levadas a cabo (mediante a contabilización de sinais de presenza) revelan que a abundancia é menor que a de 2010 e que a de 2009.

Cómpre aclarar que o número de visóns capturados diminuíu de xeito importante no norte do arquipélago de Cíes, sen embargo en Sálvora e na illa sur de Cíes o número de capturas é similar á campaña anterior. A abundancia de sinais de presenza foron parellas ao desenvolvemento da campaña de trampeo, polo tanto as campalas de trampeo mantiveron a estas poboacións no norte de Cíes a niveis baixos. En Sálvora e no sur de Cíes, o número de exemplares desta especie invasora reduciuse en menor medida. Isto débese a maior proximidade á terra de Sálvora, o que fai que sexa máis fácil de recolonizar, e a dificultade de acceso da Illa sur de Cíes, o que dificulta as tarefas de control.

Pese a importante redución deste especie, non pode considerarse erradicado do Parque Nacional de Illas Atlánticas, polo que a eliminación dos exemplares require dun gran esforzo, ao tempo que é necesario manter a vixilancia constante para actuar en caso de chegada de novos exemplares.

O plan de seguimento e control do visón americano está destinado a avaliar a situación desta especie e os seus impactos sobre a fauna do Parque, ao mesmo tempo que se traballa na erradicación do visón das illas.

Os estudos sobre distribución confirmaron a súa presenza nas illas de maior tamaño dos arquipélagos de Sálvora e Cíes, fundamentalmente ao longo da liña de costa. O coñecemento da súa distribución permitiu establecer uns itinerarios de avistamento co resultado de indicios da súa presenza (pegadas e excrementos), que se percorren periodicamente a fin de detectar variacións na abundancia de visón americano. Estudouse tamén a súa alimentación, comprobándose que se basea maioritariamente en pequenos mamíferos e aves mariñas. Estas últimas aparecen na súa dieta case exclusivamente durante a época de nidificación. A diferenza doutras zonas costeiras, peixes e crustáceos contribúen relativamente pouco á súa alimentación.

Problema de conservación da fauna
O visión americano é unha especie criada industrialmente en Europa polo seu interese peleteiro. Dentro de España, Galicia é a Comunidade Autónoma con maior número de granxas de visón americano. Nestas granxas se veñen producindo escapes, que deron lugar ao asentamento de poboacións asilvestradas en gran parte do territorio español. Grazas á súa gran habilidade como nadador, o visón americano colonizou dous dos arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, o de Cíes (desde 2005) e o de Sálvora (desde 2000).

A depredación por parte do visón americano supón un problema de conservación para a fauna autóctona. As illas do Parque Nacional das Illas Atlánticas carecen de forma natural de depredadores terrestres, aspecto que facilita o asentamento nelas de colonias de distintas especies de aves mariñas (gaivota patiamarilla e sombría, corvo mariño moñudo, pardela cincenta e paíño europeo, fundamentalmente). A depredación do visón americano sobre estas especies constitúe por tanto unha ameaza para un dos principais valores deste Parque Nacional, sen descartar o seu impacto sobre outras especies de fauna presentes nestas illas.