A secretaria xeral de Ordenación do Territorio reuniuse co alcalde deste municipio

A Xunta colaborará co concello de Vedra na redacción dun plan parcial que permita ampliar o cemiterio actual

Dende o departamento de Urbanismo da Xunta tamén se lle brinda a cooperación necesaria para impulsar a tramitación dunha modificación puntual no que se recolla como equipamento dotacional a antiga estación de ferrocarril

Santiago, 10 de xaneiro de 2013
Compartir
  • whatsapp

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse hoxe co alcalde de Vedra Carlos Martínez, para avanzar en distintos asuntos de interese municipal.

Durante a reunión, Rivas e Martínez acordaron facilitar a ampliación do cemiterio de Santa Cruz de Ribadulla a través dun plan parcial de dotacións.

A secretaria xeral e o alcalde acordaron colaborar para impulsar a tramitación dunha modificación puntual do PXOM para recoller como equipamento dotacional público a antiga estación de ferrocarrís (naves e espazos anexos) que na actualidade están restaurando. O Concello ten asinado un convenio con Adif para a cesión dos equipamentos e espazos para destinalos a Centro de Formación e edificio multiusos.

A secretaria de Urbanismo recordou que os retos do seu departamento para esta lexislatura é manter o apoio técnico aos concello para activar a aprobación de plan xerais e a aprobación dunha nova Lei do Solo consensuada e con vocación futuro, e na que xa se leva traballando dende fai un ano.
 

Imaxes relacionadas