Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia mellora as instalacións do estadio de fútbol “Anxo Carro” de Lugo

Investirá 66.000 euros na cuberta das gradas, cuxas obras comezarán o mes que vén e se espera que estean listas a próxima tempada

  • O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral para o Deporte na visita ao Anxo Carro
  • O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral para o Deporte na visita ao Anxo Carro
  • O vicepresidente da Xunta e o secretario xeral para o Deporte na visita ao Anxo Carro

Santiago, 18 de xuño de 2013.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantiveron esta mañá un encontro co presidente do Club Deportivo Lugo, José Bouso Alvite, na que asinaron un convenio de colaboración para cubrir a grada este do campo de fútbol “Anxo Carro”, en Lugo.

O goberno galego ten previsto a planificación e mellora das infraestruturas e dos equipamentos deportivos con actuacións que permitan a construción e mellora de instalacións deportivas, coma é o caso do Estadio Anxo Carro, onde a Xunta investirá un total de 66.000 euros.

A obra que se vai levar a cabo pretende cubrir os extremos norte e sur da Grada Este do Estadio, que na actualidade estaban descubertos, mediante senllas marquesiñas lixeiras con estrutura de aceiro. A nova cuberta terá unha superficie de preto de 700 metros cadrados, cos que se conseguirá a cubrición total desta grada.

Segundo explicou o titular da vicepresidencia, as obras comezarán o mes que vén e terán unha duración de aproximadamente dous meses, intentando que estean listas a próxima tempada.
 

  • whatsapp